América do Norte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
consume > consome
Liña 234:
A industria converteuse progresivamente unha parte importante da economía mexicana desde a [[década de 1940]]. A industria pesada, coa [[siderurxia]] e a eléctrica, ten unha longa tradición en [[México]]. Dentro da industria manufactureira destacan os produtos químicos, a [[roupa]] e o [[calzado]], os alimentos procesados, os vehículos de motor e os seus repostos, os materiais de construción, e os equipamentos eléctricos e electrónicos. As empresas [[ maquiladora | maquiladoras]], establecidas preto da fronteira cos Estados Unidos, dedícanse á ensamblaxe de produtos para a importación a ese país. A [[Cidade de México]] é, con diferenza, o seu principal centro industrial, pero algunhas outras cidades (como [[Monterrey]] e [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]]) contan con importantes concentracións fabrís.<ref>[http://www.nationsencyclopedia.com/Americas/Mexico-INDUSTRY.html Encyclopedia of the Nations] (en inglés)</ref>
=== Enerxía ===
América do Norte consumeconsome grandes cantidades de enerxía. En canto a Canadá, este país ten unha maior dependencia da hidroeléctrica que os Estados Unidos de América e México, pero tamén usa altas cantidades de petróleo e [[gas natural]].<ref>[http://www.canhydropower.org/hydro_e/pdf/Hydrocan.pdf Hydropower in Canada: Approaching a New Century] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070329020136/http://www.canhydropower.org/hydro_e/pdf/Hydrocan.pdf |date=29 de marzo de 2007 }} (en anglès)</ref> O gran consumo de enerxía de Estados Unidos require grandes importacións de petróleo e gas natural, destinadas a complementar a considerable produción interna de carbón, petróleo, [[gas natural]] e [[enerxía hidroeléctrica]] e [[enerxía nuclear|nuclear]].<ref>[http://www.eia.doe.gov/ Official Energy Statistics from the U.S. Government] (en inglés)</ref> A produción de enerxía de México aumentou significativamente nos anos setenta e principios de 1980, favorecida por un aumento na demanda interna e externa de petróleo e de [[gas natural]]. En 2008, México foi o sétimo maior produtor de petróleo de todo o planeta e o terceiro de toda América.<ref>[http://www.eia.doe.gov/emeu/cabs/Mexico/Background.html Energy Information Administration] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080229074019/http://www.eia.doe.gov/emeu/cabs/Mexico/Background.html |date=29 de febreiro de 2008 }} (en inglés)</ref>
 
== Poboación ==