Abrir o menú principal

Cambios

sufren > sofren
Por parte veneciana había 136 [[galera]]s, 11 [[galeaza]]s e 14 naves, ao mando de Xerome Zanne, Antonio de Canale e Xacobe Celsi. As forzas pontificias constaban de 12 galeras ao mando de Marco Antonio Colonna. Filipe II achegara 50 galeras mandadas por [[Xoán Andrea Doria]] (sobriño do falecido [[Andrea Doria]]), que debía poñerse ás ordes de Colonna. En total, sumaban 198 galeras, 11 galeazas, un [[galeón]], 7 naves máis, cun total de 1.300 canóns e 48.000 homes, dos que só 16.000 eran xente de guerra.
 
Mentres os xenerais cristiáns discutían a forma de facer fronte á situación, o 9 de setembro os turcos tomaron Nicosia. Xoán Andrea Doria, ao ver que no había acordo posíbel entre as forzas cristiás, decide volver a [[Sicilia]] o 5 de outubro. No seu regreso ás súas bases, as frotas venecianas e pontificias sufrensofren un temporal no que se perden 14 das galeras venecianas. Tanto o papa como Venecia culpan ao almirante español do fracaso da operación. Os motivos de Xoán Andrea Doria para non emprender un ataque contra forzas turcas superiores baseábanse no mal estado das dotacións e do armamento das galeras de Venecia.
 
Pero, finalmente, formouse unha coalición, coñecida como [[Liga Santa (1571)|Liga Santa]], ou [[Danta Liga]], que incluía tropas de España, a Santa Sé, [[Xénova]] e, sobre todo, da República de Venecia (con máis do 90 % das naves), baixo as ordes de Xoán de Austria, recente vencedor da revolta das Alpujarras, que se enfrontou a unha frota turca, comandada por [[Alí Pachá]], no [[golfo de Lepanto]] o [[7 de outubro]] de [[1571]], librándose a [[Batalla de Lepanto]] ("a máis alta ocasión que viron os séculos",<ref>En célebres palabras de [[Miguel de Cervantes|Cervantes]].</ref>) que acaba nunha gran vitoria dos aliados católicos, e que propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados. Foi a derradeira batalla importante con [[galera]]s como naves de guerra.
9.309

edicións