Luís Filipe Lindley Cintra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 7:
Foi director das revistas ''Boletim de Filologia'' e ''Revista Lusitana'' (nova serie). Pertenceu a diversas sociedades científicas ([[Academia Portuguesa de História]], [[Academia das Ciências de Lisboa]], [[Academia Española de Historia]] e [[Academia de Buenas Letras de Barcelona]]) e organizou en Lisboa encontros como o III Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros (1957), IX Congresso Internacional de Filologia e Linguística Românicas (1959) e Congresso sobre a Situação Actual da Língua Portuguesa no Mundo (1983). Creou o Departamento de Lingüística Xeral e Románica da FLUL, e reformou o Centro de Estudos Filológicos (desde 1975 chamado Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa).
 
As súas investigacións centráronse principalmente nas áreas da [[literatura medieval]], da lingüística románica, da [[dialectoloxía]] e a xeografía actual da lingua portuguesa. Comezou polo estudo da literatura, nun momento en que esta materia aínda abarcaba o estudo da lingua, merecedora de atención científica apenas en tanto que lingua de escritores ou repositorio de arcaísmos e rexionalismos. Dedicou a súa tese de licenciatura á versificación de [[António Nobre]], e a tese de doutoramento ao que se supuña a versión portuguesa da [[Crónica Geral e Crónica de Castela|Crónica Geral de Espanha]] de [[Afonso X]], e que como demostrou, era unha crónica orixinariamente portuguesa, atribuída ao Conde [[Don Pedro, conde de Barcelos|Pedro de Barcelos]], que ocupa actualmente un lugar importante na historiografía peninsular. Nas dúas teses Cintra partiu de temas puramente literarios para, desviándose de abordaxes eruditas, estilísticas ou interpretativas, atender os fenómenos de natureza máis claramente lingüística, dando como resultando un ensaio sobre o ritmo, a [[métrica]] e as sonoridades no caso de Nobre, e un manual práctico de crítica textual e de lingüística medieval no caso da ''Crónica Geral''.
 
En [[1959]] fixo unha terceira tese, ''A linguagem dos Foros de Castelo Rodrigo'', dedicada a un grupo de textos de dereito local do século XIII, producidos na rexión leonés-portuguesa de [[Ribacoa]] e interesantes para entender a reconstitución dos movementos lingüísticos desencadeados pola Reconquista nunha rexión aínda hoxe pouco estudada.