Dinís de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.125 (conversa); cambiado á última versión feita por AMPERIO
Etiqueta: Reversión
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 52:
[[Ficheiro:Dinis-P.jpg|miniatura|160px|esquerda|Dinís, rei de Portugal]]
 
D. Dinís foi esencialmente un rei administrador e non guerreiro. En [[1296]], a raíña de [[Reino de Castela|Castela]] [[María |s con romper os acordos establecidos entre ambos os reinos en [[1295]], se persistía nos seus ataques á [[coroa de Castela]], así como se o soberano portugués continuaba apoiando o [[infante]] [[Xoán de Castela, señor de Valencia de Campos|Xoán de Castela]], que se proclamara rei de [[Reino de León|León]]. Ante as ameazas da raíña, don Dinís aceptou retirarse da coroa de Castela en 1296, non sen antes apoderarse de [[Figueira de Castelo Rodrigo|Castelo Rodrigo]], [[Alfaiates]] e [[Sabugal]], territorios pertencentes a [[Sancho de Castela "o da Paz"]], neto de [[Afonso X de Castela]].<ref>{{cita libro | apelidos = Benavides | nome = Antonio | enlaceautor = | coautores = | editorial = Madrid: Imprenta de Don José Rodríguez | editor = | título = Memorias de Don Fernando IV de Castilla | url = http://books.google.es/booksid=VLIGAAAAQAAJ&printsec=frontcover&dq=memorias+de+fernando+iv#v=onepage&q=&f=false | ano = 1860 | mes = | id = | isbn = | páxinas = 37 | cita = }}{{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}</ref> O tratado foi asinado por Dª María e D. Donís o día [[12 de setembro]] de [[1297]] no municipio [[Provincia de Zamora|zamorano]] que lle da nome ([[Alcañices]]), dando lugar a unha das fronteiras máis antigas de [[Europa]].
 
Mediante o tratado de Alcañices quedaron fixadas, entre outros puntos, as fronteiras entre o [[Reino de León]] e o [[Reino de Portugal]], que recibía unha serie de prazas firtes e vilas a cambio de romper os seus acordos que o posicionaban en contra do [[Reino de Castela e León]], que foran asinados con [[Xaime II de Aragón]], con [[Alfonso de la Cerda]], co infante Xoán de Castela e con [[Juan Núñez de Lara o Menor]].<ref>{{cita publicación periódica| apelidos = González Mínguez| nome = César| ano = 2004| título = Fernando IV de Castilla (1295-1312): Perfil de un reinado| publicación = Espacio, Tiempo y Forma, Serie III, Hª Medieval| número = 17| páxinas = 228 | editorial = Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), Facultad de Geografía e Historia | issn = 0214-9745| url = http://e-spacio.uned.es/fez/view.php?pid=bibliuned:ETFB795938A-A8EF-AC9F-1889-B989699FFC79| lingua = castelán| cita = }}</ref> Ao mesmo tiempo no tratado volveise confirmar o proxectado enlace entre [[Fernando IV de Castilla]] e a infanta [[Constanza de Portugal (1290-1313)|Constanza de Portugal]], ao tempo que se acordaban os esponsais entre o infante [[Afonso IV de Portugal|Afonso de Portugal]], herdeiro do trono lusitano, e a infanta [[Beatriz de Castela (1293-1359)|Beatriz]], filla de [[Sancho IV de Castela]] e irmá de Fernando IV. Por outra parte, o monarca portugués achegou un exército de trescentos cabaleiros, postos ás ordes de [[Juan Alfonso de Alburquerque]], para axudar á raíña María de Molina na súa loita contra o infante Juan, que até ese momento recibira o apoio do rei Dinís. Ademais, estipulábase no tratado que as vilas e prazas de [[Campo Maior]], [[Olivenza]], Ouguela e [[San Felices de los Gallegos]] serían entregadas a Diní como compensación pola perdida por parte de [[Portugal]], durante o reinado de [[Afonso III de Portugal|Afonso III]] dunha serie de prazas que lle foran arrebatadas por [[Afonso X]]. Ao mesmo tempo, lle foron entregadas ao rei portugués as prazas de [[Almeida, Portugal|Almeida]], [[Castelo Bom]], [[Castelo Melhor]], [[Castelo Rodrigo]], [[Monforte da Beira]], [[Sabugal]], Sastres e [[Vilar Maior]]. A longo prazo as consecuencias deste tratado serían duradoiras, xa que la fronteira entre ambos os reinos apenas foi modificada no curso dos séculos posteriores.