Xoán Bosco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Xoán
Liña 12:
Nun clima anticlerical no Piemonte, en pleno período de configuración da nova [[Italia]], coa expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle a Xoán Bosco o apoio do ministro [[Urbano Rattazzi]], político anticatólico. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións ás que estaban sometidas as ordes relixiosas.
 
En [[1859]], DonXoán Bosco e 22 colaboradores formaron unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San [[Francisco de Sales]] (de aí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Un grupo de mulleres que cooperaban na formación de nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano [[1872]] dirixida por [[María Dominga Mazzarello]].
 
A fundación da orde suscitou o entusiasmo das xentes de clases baixas, tanto en [[Italia]] como en [[Francia]], a onde se desprazou na busca de apoio. A primeira casa fundada en Francia se estableceu en [[Niza]] en [[1875]]. Pese ás simpatías do papa [[Pío IX]], as reservas da xerarquía vaticana demoraron por 15 anos a aprobación definitiva da congregación.