Henrique II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito don
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 37:
Nado en [[Sevilla]], foi o cuarto dos dez fillos e fillas extramatrimoniais de [[Afonso XI de Castela]] e de [[Leonor de Guzmán|Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León]] (tataraneta do Rei [[Afonso IX de León]]). Por orde de seu pai, foi criado e educado polo preceptor real Rodrigo Álvarez Asturias, Conde de Trastámara (parente do propio monarca), quen en [[1345]] cedeu o título de Conde de Trastámara (de ''Trans Támaris'', "Máis alá do Río Tambre", en [[Galiza]]) a Henrique, como herdeiro legal seu. E con este título, conde de Trastámara, inaugurou a [[dinastía de Trastámara]] no [[Lista de reis de León|trono de Castela e León]] en 1369.
 
Tiña os alcumes de ''o magnífico'' e tamén ''el de las Mercedes'': dispensaba larguezas para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña D. María de Portugal (en [[1350]]), revolveuse contra o seu irmán [[Pedro I de Castela]], apoiándose no aliado [[Pedro IV de Aragón]]. Para algúns autores a morte da mai e do seu irmán D. Frederico ou Fradique, ás mans do rei, o seu irmán, fíxolle decidir lanzarse no camiño do crime, receando pola súa vida.
 
Fuxiu en [[1356]] para a Francia, cando o irmán subiu ao trono. Recibiu axuda en [[1365]] do rei [[Carlos V de Francia]] que mandou [[Bertrand du Guesclin]] levar a Castela as ''Grandes Compagnies'' para combater a Pedro e o seu aliado inglés, o Príncipe Negro. Vencido o [[3 de abril]] de [[1367]] en Nájera polo Príncipe Negro, sendo preso Bertrand, fuxiu para Aragón. Libre, Bertrand du Guesclin logo obtivo a vitoria de [[Montiel]] ([[1369]]). Sitiou o irmán, cos mercenarios de du Guesclin, en Montiel, na Mancha, e asasinouno nunha entrevista o [[23 de marzo]] de [[1369]].
Liña 43:
Gobernou 10 anos apoiado pola Francia, na súa guerra contra as fillas de Pedro, alcumadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a [[Fernando I de Portugal]] e [[Xoán de Gante]], Duque de Lancaster, pretendentes da Coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En [[1372]] a súa frota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses [[La Rochelle]].
 
O [[23 de marzo]] de [[1369]] asasinou o irmán, Pedro, colocando así un punto final no conflito que había moito se arrastraba e opuña os dous irmáns na loita polo poder. Este acontecemento traería graves consecuencias, xa que gran parte das cidades apoiaban o reinado de D. Pedro. Henrique parte para a [[Guerra dos Cen Anos]], pasando a maioría do seu reinado combatendo as pretensións de [[Xoán de Gante]], fillo de [[Eduardo III de Inglaterra]], que reclamaba o trono por dereito da súa segunda esposa, filla de Pedro.
 
Henrique II foi o primeiro nobre en utilizar o [[anti-semitismo]] como unha ferramenta [[política]] na [[España]], o que conduciu á extinción da ''convivencia'', e a un período de [[tumulto]]s e conflitos, e pode considerarse como precedente á persecución dos [[xudeu]]s pola [[Inquisición en España|Inquisición Española]], iniciada cen anos despois.
Liña 54:
 
# [[Xoán I de Castela]] ([[24 de agosto]] de [[1358]]- outubro de [[1390]])
# Bastardo, [[Afonso, conde de Xixón e Noroña]] chamado Afonso Henriquez, fillo de Elvira Iñiguez de la Vega: naceu en [[1355]] e morreu despois de [[1395]]. Casado en [[Burgos]] en [[1373]] con D. Isabel ([[1364]]-[[1395]]), filla bastarda de D. [[Fernando I de Portugal]]. Esta alianza consta dun dos artigos de paz que os dous reis celebraron. Con descendencia, inclusive os [[marqués de Anxexa|marqueses de Anxexa]] en Portugal.
# [[Pedro de Noroña]], morto en [[20 de agosto]] de [[1452]], arcebispo de Lisboa, que tivo fillos bastardos dunha D. Branca Perestrelo, muller de nobre condición.
# Tamén bastarda tida de Elvira Iñiguez de la Vega: Infanta Leonor de Castela ([[1363]]-[[5 de marzo]] de [[1415]] [[Olite]], sepultada en [[Pamplona]]). Raíña de Navarra, pois casou en Soria o [[27 de maio]] de [[1375]] con Carlos de Ebreux ([[1350]]-[[1425]]), en [[1387]] Rei da Navarra como [[Carlos III de Navarra]], ''o Nobre'', fillo de Carlos II e de Xoana de Francia. En [[1387]], pouco antes de el subir ao trono, Leonor fuxiu para Castela, ligándose a rebeldes. Sitiada no seu castelo de Roa, aprisionouse polo sobriño [[Henrique III de Castela]], ''el doliente'', que a devolveu ao marido en [[1395]]. Tiveron unha filla que foi Branca de Navarra ou de Ebreux, cuxo 2° marido foi [[Xoán II de Aragón]].
# Infanta Xoana de Castela. Tivo o seu casamento tratado, por volta de [[1378]], con Pedro de Aragón, morto en [[1385]], marqués de Villena.
# de Elvira, Infanta Constanza de Castela, señora de [[Alba de Tormes]]. Casada en [[Valencia]] en [[1379]] co Infante D. Xoán de Portugal (morto en [[1397]]) Marqués de Villena, Duque de Valencia.
# de Xoana de Cifuentes: Infanta Xoana de Castela, casada en [[1376]] co Infante Dinis de Portugal (morto en [[1397]]).
# de Beatriz Ponce de León: Federico de Castela, morto en [[1394]], en Almodóvar del Río. Duque de Benavente. Casou con Leonor de Albuquerque. Pais de Leonor de Castela ([[1392]]-[[1470]] en Calabazanos), casada en [[1408]] con Pedro Manrique de Lara, señor de Amusco.