Abrir o menú principal

Cambios

sube > sobe
En teoría, o ciclo diésel difire do ciclo Otto en que a combustión ten lugar neste último a volume constante en lugar de producirse a unha presión constante. A maioría dos motores diésel son así mesmo do ciclo de catro tempos, salvo os de tamaño moi grande, ferroviarios ou mariños, que son de dous tempos. As fases son diferentes das dos motores de gasolina.
 
Na primeira carreira, a de admisión, o pistón baixa, absorbendo aire cara á cámara de combustión. Na segunda carreira, a fase de compresión, en que o pistón subesobe. o aire comprímese a unha parte do seu volume orixinal, o cal fai que suba a súa temperatura ata uns 850 °C. Ao final da fase de compresión inxéctase o combustible a gran presión mediante a [[inxección de combustible]] co que se atomiza dentro da cámara de combustión, producíndose a inflamación por mor da alta temperatura do aire. Na terceira fase, a fase de traballo, os gases produto da combustión empuxan o pistón cara a fóra, transmitindo a forza lonxitudinal ao cigüeñal a través da biela, transformándose en forza de xiro [[par motor]]. A cuarta fase é, do mesmo xeito que nos motores Otto, a fase de escape, cando volve o pistón cara a dentro.
 
Algúns motores diésel utilizan un sistema auxiliar de ignición para acender o combustible ao arrincar o motor e mentres alcanza a temperatura adecuada.
9.257

edicións