Sikorsky SH-3 Sea King: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
*amerizar->amarar
Liña 32:
En [[1957]] Sikorsky foi premiada cun contrato para producir un helicóptero anfibio todo-tempo para a Armada. Segundo as especificacións anteriores este novo helicóptero debería sobresaír na loita antisubmarina; en particular, combinaría os roles de cazador e asasino, xa que esas tarefas foran anteriormente realizadas por dous helicópteros distintos.<ref name=":1">Chant 1988, p. 464</ref><ref name=":0" /> Tamén foi o primeiro helicóptero adquirido baixo o novo concepto de sistema de armas da Armada, baixo o cal Sikorsky era responsable non só do deseño e fabricación da célula, senón tamén de todos os principais sistemas a bordo do aparello, como o sónar, o equipo de navegación, os dispositivos electrónicos e o equipamento de apoio. Como tal, a suite de navegación para o helicóptero foi desenvolvida de forma conxunta por Sikorsky e pola Armada.<ref name=":2">{{Cita web|url=https://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1959/1959%20-%201425.html|páxina-web=Flight International|título=HSS-2|data-acceso=2018-11-22}}</ref>
 
As características clave do helicóptero ASW emerxente incluirían o seu casco anfibio, permitindo ao aparello realizar amerizaxesamaraxes doadamente, e a adopción dun arranxo de motor [[turboeixo]] drobre que permitía un aparello máis grande, máis pesado e mellor equipado que o posible en anteriores helicópteros.<ref name=":1" /><ref name=":2" /><ref>Jackson 2005, p. 207</ref> A designación HSS-2 aplicouse para implicar un certo nivel de características comúns co anterior HSS-1, no caso de que os sentimentos políticos se opuxesen ao desenvolvemento dun helicóptero totalmente novo.<ref name=":0" /> Fabricáronse un total de dez prototipos para apoiar o programa de desenvolvemento. En marzo de 1959 o primeiro deles realizou o seu voo de estrea.<ref name=":1" />
 
A principios de 1961 un par de prototipos foron estacionados no portaavións ''Lake Champlain'' para cumprir unha demanda de probas sobre a adecuación do aparello aos portaavións; esas probas, onde se comprobou o mecanismo de pregado das palas do rotor principal e unha serie de engalaxes con ventos de máis de 50 mph, completáronse con éxito a mediados de 1961.<ref>Mutza 2010, p. 107</ref> Pouco despois de rematar esas probas a Armada aceptou formalmente a entrega do primeiro HSS-2, que posteriormente sería redesignado como o SH-3A en setembro de 1961.<ref>Frawley 2003, p. 194</ref> Tras entrar en servizo non era só o helicóptero anfibio máis grande do mundo, senón tamén o primeiro helicóptero todo-tempo en ser producido para a Armada estadounidense.<ref name=":2" />