Proxecto Apollo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosema (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
*amerizar->amarar
Liña 104:
 
A nave Apollo 12 aprestábase a concreta-la segunda aluaxe tripulada da historia. A man de Conrad foi cara á cámara de televisión do Surveior. Mentres Richard Gordon orbitaba a Lúa no módulo de comando Yankee Clipper, Conrad e Bean debían pousa-lo módulo de descenso Intrepid a curta distancia da Surveior 3, unha sonda que aluara dous anos e medio antes, o [[19 de abril]] de [[1967]], camiñar até ela e retira-la cámara de TV para traela de regreso. O Surveior estaba no bordo dun suave cráter que, xunto con outros dos arredores, sería visto polos astronautas como o ombreiro dun boneco de neve a medida que se aproximaran á árida superficie. O Intrepid aluou a menos de 200 metros do Surveior e alí permaneceu 31 h e 31 min. A mesma noite da chegada, na segunda camiñada, acercáronse á sonda e cuns alicates especialmente fabricados arrincaron a cámara de TV. Pódese dicir que as transmisións da cámara de TV interrompéronse ó pouco tempo por un defecto nela.
Realizaron probas científicas, tiraron fotografías, recolleron mostras de solo lunar e recolleron algúns elementos da sonda Surveior 3 para examinalos de camiño á Terra. Despois de engalar e acoplarse á nave que pilotaba Gordon, amerizaronamararon con éxito ás 15:58 no océano Pacífico a 7,25 km do punto de contacto, e foron recollidos o luns 24 de novembro polo U.S.S. Hornet. Tamén foron sometidos a corentena. O Apollo 12 supuxo un grande adianto respecto do Apollo 11, en especial na precisión doda aluaxe, o que levou a planea-la posibilidade de que o Apollo 13 aluase en terreo máis accidentado. A misión durou 10 días, 4 horas, 36 minutos e 25 segundos (244:36:25).
 
=== Apollo 13. Saturn V. AS-508 ===