Scott Carpenter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
*amerizar->amarar
Liña 34:
Carpenter naceu o [[1 de maio]] de [[1925]] en [[Boulder]], [[Colorado, Estados Unidos de América|Colorado]], e faleceu o [[10 de outubro]] de [[2013]] aos 88 anos. Era graduado en [[enxeñería aeronáutica]] pola [[Universidade de Colorado]] en 1949, o mesmo ano no que entrou na [[Armada dos Estados Unidos]]. Participou na [[Guerra de Corea]] como piloto no Escuadrón Seis. Posteriormente estudou na [[Escola Naval de Pilotos de Proba]] de [[Patuxent River]], [[Maryland]], en 1954, e fixo voos de proba de diversas aeronaves.<ref name=nasa/><ref name=astronautix/>
 
Foi seleccionado pola [[NASA]] como un dos sete astronautas Mercury orixinais o 9 de abril de 1959. Tras un adestramento intensivo foi, en primeiro lugar, o astronauta sustituto de [[John Glenn]] para a misión [[Mercury-Atlas 6]], e logo foi o elixido para a seguinte misión, o segundo voo orbital dun astronauta americano. A engalaxe tivo lugar o 24 de maio de 1962, e tras pilotar a súa cápsula [[Aurora 7]] durante tres voltas á [[Terra]], amerizouamarou no [[océano Atlántico]]. O voo durou un total de 4 horas e 46 minutos.<ref name=nasa/><ref name=astronautix/>
 
Carpenter non volvería ao espazo, pero participou no programa [[SEALAB II]] da Armada e foi nomeado pola NASA Asistente Executivo do Director do Centro de Voos Espaciais Tripulados. Tamén tivo parte no adestramento dos astronautas do [[proxecto Apollo]]. En 1967 foi asignado como Director de Operacións de Acuanautas durante o experimento [[SEALAB III]]. Retirouse da Armada en 1969, fundando [[Sear Sciences, Inc.]], unha firma para o desenvolvemento de programas dirixidos a un mellor uso dos recursos mariños e a mellorar a saúde do planeta, chegando a traballar intimamente con [[Jacques-Yves Cousteau]] e os membros do [[Calypso (barco)|Calypso]]. Axudou no deseño de equipamento para [[mergullo]] e natación. Escribíu dúas [[novela]]s, ambas ambientadas en contornas mariñas. Faleceu o 10 de outubro de 2013.<ref name=nasa/><ref name=astronautix/>