Gemini 4: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Jglamela (conversa | contribucións)
*amerizar->amarar
Liña 52:
Gemini 4 foi lanzada o [[3 de xuño]] de [[1965]] ás 15:15:59,562 [[UTC]] (10:15:59 [[Zona horaria do leste|EST]]) desde o Complexo 19 de Cabo Cañaveral e insertada nunha órbita inicial de 162,3&nbsp;km de [[perixeo]] e 282,1&nbsp;km de [[apoxeo]]. Durante a primeira órbita manobrouse para aumentala a unha de 166 x 290&nbsp;km e intentar unha cita espacial coa segunda etapa do [[Foguete espacial1foguete]] lanzador. A manobra de cita orbital cancelouse ao principio da segunda órbita tras comprobarse que se usara o 42% do propelente dispoñible, comprometendo o resto de obxectivos da misión. Tras a cancelación tivo lugar o comezo da primeira camiñata espacial levada a cabo por un estadounidense. Ed White presurizou o seu [[traxe espacial]] e despresurizou a cabina ás 14:33:35 EST, abrindo o zapón da cápsula ás 14:34. O astronauta saiu dous minutos máis tarde levando consigo unha pistola de gas para manobrar no baleiro e atado cun cable de 8 metros de lonxitude. O gas da pistola acabouse en tres minutos, co que White uso o cable e movementos do seu corpo para manobrar arredor da nave. O paseo durou 23 minutos, despois dos cales White volveu á cabina. Tras entrar, os astronautas atoparon dificultades para pechar o zapón, que só conseguiron pechar ás 15:10 EST tras traballar conxuntamente, represurizando a cabina ás 15:12:50.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
[[Ficheiro:Astronaut Edward White first American spacewalk Gemini 4.jpg|miniatura|Ed White durante o primeiro paseo espacial dun estadounidense.]]
Para aforrar propelente, durante as seguintes 30 horas os astronautas non usaron o sistema de propulsión. Durante a órbita 48 un problema co [[ordenador]] de a bordo fixo imposible a reentrada atmosférica controlada por ordenador que fora planeada. No seu lugar, durante a órbita 62 e ás 11:56:00 EST, iniciouse o disparo dos retrofoguetes para unha reentrada balística, sen o uso da capacidade sustentadora da cápsula. A Gemini 4 amerizouamarou ás 12:12:11 EST no [[Océano Atlántico|Atlántico]] occidental, a 27,73° N e 74,18° O, a 81&nbsp;km do punto de amerizaxeamaraxe previsto. O tempo total de misión foi de 97 horas, 56 minutos e 12 segundos. A tripulación foi recollida por un [[helicóptero]] e levados ó [[U.S.S. Wasp]] ás 13:09. A cápsula foi recuperada ás 14:28.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/>
 
== Notas ==