Poruchik Kizhe (Prokofev): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
minte > mente
Liña 46:
No palacio imperial ruso, mentres o [[tsar]] [[Paulo I de Rusia|Paulo I]] dorme placidamente, un flirte amoroso entre dous cortesáns culmina cun accidente que esperta ao tsar. Alporizado, exixe aos seus oficiais que atopen ao culpable baixo pena de exilio. Mentres tanto, un desliz dun funcionario mentres compilaba unha listaxe de militares, resulta na inclusión dun oficial ficticio, «o tenente Kizhe». Ao inspeccionar a listaxe ao tsar chámalle a atención este nome e demanda que o oficial acuda ante a súa presenza. Os cortesáns de palacio están demasiado aterrados como para admitir o erro e ante tal dilema deciden culpar a Kizhe dos ruídos nocturnos mentres se lles ocorre algo. O tsar, ao descubrir o culpable, decide envialo a exilio en [[Siberia]].
 
Cando o culpable real confesa, Kizhe é perdoado polo tsar e reintegrado na corte imperial co rango de coronel. Os cortesáns, temerosos da reacción do tsar, vense forzados a prorrogar a farsa engadindo éxitos á súa carreira. Entón supostamente casa coa princesa [[Familia Gagarin|Gagarina]], o tsar recompénsao con terras e cartos, e finalmente é nomeado comandante da armada. Cando Paulo I exixe a presenza de Kizhe, os cortesáns síntenseséntense acurralados e míntenlleméntenlle dicíndolle que, desafortunadamente, o xeneral Kizhe faleceu. Organízase un funeral no que recibe os honores militares máis distinguidos. Cando o parsimonioso tsar exixe a devolución da fortuna de Kizhe, míntenlleméntenlle de novo ao dicirlle que gastara os cartos en luxo, cando de feito, roubárano eles. O tsar táchao de ladrón e degrádao postumamente de xeneral a soldado raso.
 
=== Música ===