Fernando Álvarez de Sotomayor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
persigue > persegue
Liña 13:
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo Rubio]], Sotomayor, [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]
 
Temática e estilisticamente, a súa obra enlaza coa de pintores como Rosales, Pradilla ou Muñoz Degrain. Mediante o emprego de cores puras e luminosas e unha temática campesiña ou folclóric,afolclórica persiguepersegue a exaltación da intrahistoria. No seu catálogo abundan os retratos de personaxes da vida política e económica do país. En [[1922]], cando foi nomeado director do Museo do Prado, a súa evolución artística abriuse a unha nova etapa, caracterizada polos retratos con paisaxes velazqueños, como o de ''Afonso XIII e a Duquesa de Santoña''. Algúns cadros mitolóxicos, como ''Leda'' ou'' Sátiro e ninfas'', pertencen tamén a este momento.
 
Coa caída da monarquía, estableceuse en [[Inglaterra]] e non regresou a España ata finalizada a Guerra Civil. As exposicións de pintura española realizadas en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]] e [[Buenos Aires]] aumentaron o carácter tradicional da súa pintura, como o demostran os retratos da ''Duquesa de Alba'' e do ''Duque de Híjar''. Nos últimos doce anos da súa vida produciu obras de ampla factura como ''Ceres'', ''San Agustín'', ''San Vicente Ferrer'' ou ''O infortunio''.