Viana do Bolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
persigue > persegue
Liña 173:
O [[entroido]] de Viana do Bolo, de recoñecida sona, é o evento máis antigo e de maior tradición da zona. Os preparativos comezan tralo [[6 de xaneiro|día de Reis]], cos ensaios e a preparación de disfraces e carrozas. Ao rematar a xornada diaria e durante as fins de semana, os veciños organízanse para ir tocar o fulión polas aldeas.
 
Dous xoves antes do domingo de Entroido é o Xoves de Compadres. A véspera as mulleres perseguen os homes para roubarlles unha peza e colocarlla ao ''Lardeiro'', un boneco de ferro recheo de palla e petardos que se colga nun poste da Praza Maior. O xoves os homes persiguenperseguen as mulleres para tirarlles [[fariña]], tralo cal faise a cea de Compadres. O sábado de fariña volve haber festa, para os chegados que estudan e traballan fóra.
 
O Xoves de Comadres é a seguinte semana. A véspera son os mozos os que rouban unha peza ás rapazas para colocarlla á boneca ''Lardeira'', que se coloca nun poste a carón do Lardeiro. Durante o día as mulleres perseguen os homes para botarlles fariña. Pola tarde, os nenos teñen desfiles de disfraces e carrozas, acompañados de grupos tocando o fulión. Á noite as mulleres, disfrazadas e agrupadas en comparsas que rivalizan entre elas, organizan unha cea. O vernes celébrase unha festa de disfraces para nenos e maiores, xuntándose todos de noite, ao igual que o sábado, día de maior afluencia de turistas.