Abrir o menú principal

Cambios

consigue > consegue
A [[Batalla de Fornovo]] (6 de xullo de 1495) concluíu sen un vencedor militar claro, pero despois dela Carlos VIII tivo que evacuar as súas tropas do norte de Italia. No sur, con inferioridade numérica e procurando por iso evitar un gran enfrontamento a campo aberto cos franceses, o [[Gran Capitán]] conseguiu non ser expulsado da península por eles. Porén, e en contra do seu criterio, o seu superior Fernando II de Nápoles obrigouno a presentar batalla xunto a el en [[Batalla de Seminara (1495)|Seminara]] (28 de xuño de 1495), onde foron vencidos por [[Bérault Stuart d'Aubigny]].
 
Os españois seguiron resistindo e, despois de recibir reforzos, pasaron á ofensiva e tomaron varias prazas fortes ao norte da posición que ocupaba Stuart d'Aubigny co groso do seu exército. Mentres tanto Fernando de Nápoles, valéndose dunha insurrección popular, consigueconsegue acurralar a [[Gilberto de Montpensier]] en dous castelos de Nápoles e, despois, desaloxalo deles. Fernando o Católico abriu outra fronte nos [[Pireneos]] contra Francia, para que esta desviara soldados e recursos cara a alá.
 
A vitoria do [[Gonzalo Fernández de Córdoba|Gran Capitán]] en [[Cosenza]] estreitou aínda máis o cerco sobre Montpensier, que acantoou aos seus homes en [[Atella]]. Os aliados tomaron a fortaleza en xullo de 1496, e Francia quedou a partir de entón en clara desvantaxe.
8.973

edicións