Diferenzas entre revisións de «Michelangelo»

consigue > consegue
Sem resumo de edição
(consigue > consegue)
Parece que o primeiro fresco que rematou foi ''A conversión de San Paulo'', que é o que máis se parece en estilo ao ''Xuízo final'' sobre todo pola imaxe do [[Paulo de Tarso|San Paulo]], cabeza abaixo cos brazos que apuntan un á terra e outro cara ás nubes, que recordan o remuíño dos escollidos e os condenados arredor de Xesús no ''Xuízo''. Neste fresco tamén se aprecia a partición entre o mundo celestial e o terreal, co contraste entre o obxecto principal da parte inferior, o cabalo que mira cara á dereita, e a parte superior, Xesucristo mirando cara ao lado contrario.<ref>Salvini (1978), pp. 155-159</ref>
 
Este gran dinamismo encóntrase moito máis contido noutro fresco ''O martirio de San Pedro'' en fronte da desorde existente na ''Conversión de San Paulo''. A liña principal, en diagonal, represéntaa a cruz aínda non ergueita, e as figuras que describen un grande [[arco de medio punto]] preto do centro. Grazas ao movemento da cabeza de San Pedro, Michelangelo consigueconsegue situar nel o punto de atención principal da escena.<ref>Salvini (1978), pp. 260-264</ref>
 
=== ''Crucifixión'' ===
12.681

edicións