Xudaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Filosofía}}
m Arranxiño
Liña 6:
O termo '''xudaísmo''' (do [[lingua hebraica|hebreo]] '''יהדות''' ''Yahadut'', do termo '''יהודה''' ''Yehudá'') refírese á [[relixión]], á tradición, á cultura ou á forma de vida do pobo xudeu. É a máis antiga das tres relixións [[monoteísta]]s,<ref>Philip Wilkinson, ''Religions'', Londres: Dorling Kindersley, 2008; ''Religiões'', Río de Janeiro: Zahar, 2011, pp. 61-83. Tamén Gabrielle Sed-Rajna, ''L'Abécédaire du Judaïsme'', París: Flammarion, 2000; Éric Smilevitch, ''Histoire du Judaïsme'', París: Presses Universitaires de France, 2012; ''The Religions Book'', ed. G. Jones y G. Palffy, Londres: Dorling Kindersley, 2013; ''O Livro das Reiligiões'', ed. Carla Fortino, San Pablo: Globo, 2014, pp. 166-199; Josy Eisenberg, ''Une Histoire des Juifs'', París: CAL, 1970; Simón Dubnow, ''Manual de la Historia Judía'', Buenos Aires: Sigal, 1977; Michael Brenner, ''Kleine Jüdische Geschichte'', Múnich: C.H. Beck, 2008.</ref> as chamadas «relixións do Libro» ou «[[Relixións abrahámicas|abrahámicas]]» xunto co [[cristianismo]] e o [[islam]], e a menor delas en número de fieis. As doutrinas e historia do Xudaísmo constitúen unha parte importante dos fundamentos históricos das outras dúas relixións.
 
Aínda que non existe un corpo único que sistematice e fixe o [[Dogma|contenido dogmático]] do xudaísmo, a súa práctica baséase nas ensinanzas da [[Torá]], tamén chamada [[Pentateuco]], composto por cinco libros. Á súa vez, a Torá ou o Pentateuco é un dos tres libros que conforman o [[TanajTanakh]] (ou [[Antigo Testamento]], segundo o cristianismo), aos que se atribúe inspiración divina.
 
Na práctica relixiosa ortodoxa, a [[tradición oral]] tamén desempeña un papel importante. Segundo as crenzas, foi entregada a [[Moisés]] xunto coa Torá e conservada desde a súa época e a dos profetas. A tradición oral rexe a interpretación do texto bíblico, a codificación e o comentario. Esta tradición oral foi transcrita, dando nacemento á [[Mishná]], que posteriormente sería a base do [[Talmud]] e dun enorme corpo esexético, desenvolvido ata o día de hoxe polos estudosos. O compendio das leis extraídas destes textos forma a lei xudía ou [[Halajá]].