Diferenzas entre revisións de «Club de Fútbol Ciudad de Murcia»

consigue > consegue
m (Arranxos varios)
(consigue > consegue)
Na tempada [[2001]]/[[2002|02]] debuta en [[Segunda División B Española|Segunda B]] e logra o quinto posto. Logo de varios anos cambiando de campo, na tempada [[2002]]/[[2003|03]], o club chega a un acordo co Concello de [[Murcia]] para poder xogar no [[Estadio de La Condomina]]. O equipo clasifícase para o ''play-off'' de ascenso e queda encadrado no grupo D con [[Pontevedra CF|Pontevedra]], [[Barakaldo Club de Fútbol|Barakaldo]] e [[CD Castellón|Castellón]]. Os partidos con este último equipo, o segundo máis forte do grupo logo do Ciudad de Murcia, decidiron o ascenso a [[Segunda División Española|Segunda División]].
 
Na súa primeira tempada en [[Segunda División Española|Segunda]], a [[2003]]/[[2004|04]], loita por conseguir a permanencia e acaba no 17º posto. Na seguinte tempada consigueconsegue seguir na categoría cun xusto 18º posto. O protagonista de ambas campañas foi [[Dani Güiza]], máximo goleador do equipo, que foi traspasado ao [[Getafe CF|Getafe]].
 
Na terceira tempada na categoría, a [[2005]]/[[2006|06]], o equipo tiña como obxectivo a permanencia. Ao finalizar a primeira volta estaba situado na mitade da táboa, pero logo de varios partidos imbatido chegou ás últimas xornadas con posibilidades de ascenso a [[Primeira División Española|Primeira División]]. Na última xornada, tiña que gañar o seu partido e perder o [[Levante UD|Levante]] para poder ascender, pero o equipo valenciano gañou e os sonos do Ciudad de Murcia quedaron lastrados.
11.092

edicións