A riqueza das nacións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
sinte > sente
Liña 35:
Noutro eixo, a "man invisible" refírese á habilidade do mercado para corrixir de seu situacións sen intervención por parte do goberno ou calquera outra organización (xa que Smith non empregaba este termo con ese significado). Por exemplo, Smith di que se ocorrese unha mingua na produción, o prezo das mercadorias medraría, creando o incentivo necesario para a súa produción, e minguando o seu consumo, curando eventualmente a carestía. A crecente competición entre fabricantes e o crecemento da oferta baixaría tamén o prezo do produto ata o seu prezo de produción, engadindo un pequeno beneficio, o "prezo natural". Smith cría que mentres as motivacións das persoas son egoístas e interesadas, a competición do mercado libre tende a beneficiar a sociedade enteira de tódolos xeitos. Isto foi adoptado despois como o principio dos economistas ''[[laissez-faire]]'' no século XIX.
 
Máis adiante na obra, na ''Riqueza das Nacións'', Smith amosa unha seria desconfianza na clase dos comerciantes. SinteSente que os membros desa clase, especialmente actuando conxuntamente nos [[Gremios]] poden constituír unha forma de bloqueo e manipulación do estado para regular "intereses especiais" contra o interese xeral: ''""Xente do mesmo eido comercial rara vez reúnense xuntos, incluso para a diversión, pero cando o fan, a conversación remata nunha conspiración contra o público, ou nun pacto para amañar os prezos."'' (Libro 1, Capítulo 10)
 
O termo "man invisible" citase máis tarde nunha porción do libro: