Petróleo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
revisión lingüística superficial
Sen resumo de edición
Liña 14:
== Orixe do petróleo ==
=== Teoría bioxénica ===
O petróleo é o produto da compresión e aquecemento da materia orgánica depositada xunto cos [[sedimento]]s. O soterramento progresivo e consecuente subsidencia desa materia orgánica depositada xuntamente cos sedimentos mariños ou lacustres produce a compactación e formación dunha rocha chamada [[rocha xeradora]]. A materia orgánica, en estado sólido, presente na [[rocha xeradora]] é chamada [[queróxeno]]. Co incremento de temperatura, as moléculas do queróxeno comezan a ser quebradas, xerando compostos orgánicos líquidos e gasosos, nun proceso denominado [[cataxénese]]. Para que exista unha acumulación de petróleo é necesario que, despois do proceso de xeración, ocorra a migración do óleo e/ou [[gas]] a través das camadas de rochas adxacentes, ata atopar unha [[rocha selante]] e unha estrutura xeolóxica que deteña o seu paso, baixo a cal ocorrerá a acumulación do óleo e/ou gas nunha rocha porosa e permeábel chamada [[rocha reserva]]. Aínda que obxecto de moitas discusións no pasado e que aínda continúan na actualidade, esa teoría aínda continúa tendo maior aceptación pola comunidade científica occidental.
 
=== Teoría abioxénica ===