Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrixin un erro
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Kaia’s fui
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 3:
== Traxectoria ==
{{Véxase tamén|Cronobiografía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao}}
Mamá sita dame macarrones con tomatico
=== Primeiros anos ===
[[Ficheiro:Casa de Castelao Rianxo Galicia 060521 26.jpg|miniatura|esquerda|200px|Casa de Castelao en [[Rianxo]].]]
Naceu o [[29 de xaneiro]] de [[1886]]<ref>A data do 30 de xaneiro consta na súa partida de bautismo: ''"Na Igrexa Parroquial da Santa Columba da Villa de Rianjo, distrito municipal do mesmo nome, provincia de La Coruña, a trinta de xaneiro de mil oitocentos oitenta e seis, eu, o Licenciado José Magariños, Párroco propio da mesma, bauticei solemnemente, puxen os [[santos óleos]] e por nome Alfonso Daniel Manuel a un meniño que naceu ás dez da mañá do mesmo día na rúa do Cabo da Villa, número vintenove, fillo de Mariano Rodríguez, de oficio marineiro, e de Joaquina Castelao"'' (reproducido en ''La Voz de Galicia'', 26 de xaneiro de 1986). Non obstante, a partida de nacemento emitida polo Rexistro Civil de Rianxo fixa a data no día anterior, e escribe que Manuel Rodríguez Dios presentouse perante el ''"co obxecto de que se inscriba no Rexistro Civil un meniño, e ó efecto como tío do mesmo, declarou: que o devandito meniño naceu na casa de José Ramón Castelao o vintenove de xaneiro pasado ás dez da mañá; que é fillo lexítimo de Mariano Rodríguez Dios, natural desta vila de Rianjo, provincia de Coruña, de idade de vinteseis anos, de ocupación marineiro, e de Joaquina Castelao Gemme, natural desta de Rianjo, provincia de Coruña, de idade vinteoito anos, dedicada ás ocupacións propias do seu sexo"'' (reproducido en ''El País'', 19 de xullo de 1984). É o propio Castelao quen, precisamente, incorporou en outubro de 1915 un certificado de nacemento á instancia que presentou para participar nas oposición ao Corpo Auxiliar de Estatística (que unha vez aprobadas lle permitiron trasladarse a Pontevedra en 1916), certificado no que figura que foi o día 29 no que naceu. Debe facerse constar que o Rexistro Civil se instaurou en 1870 e establecía que os meniños só podían ser inscritos transcorridas 24 horas de vida.</ref> en [[Rianxo]], sendo o primeiro fillo de [[Mariano Rodríguez Dios]], mariñeiro dedicado a facer velas para barcos<ref name="galespa">[https://web.archive.org/web/20080912022633/http://www.galespa.com.ar/castelaorodriguezbiografia.htm Biografía de Castelao en galespa.com.ar].</ref> (m. 12 de novembro de 1932), e de Joaquina Castelao Gemme (m. 24 de xaneiro de 1945). Ao seguinte día do seu nacemento foi bautizado na igrexa de Santa Comba, sendo os seus padriños Pilara e Francisco Castelao, irmáns da nai<ref name=galespa/>.
 
Aos tres meses do nacemento de Daniel, o pai emigrou a [[Arxentina]], onde instalou con éxito unha "pulpería"<ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltGUIBusUsual?TIPO_HTML=2&TIPO_BUS=3&LEMA=pulper%C3%ADa Definición actual da RAE]</ref><ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltObtenerHtml?IDLEMA=58783&NEDIC=Si Redacción proposta para a 23ª edición do DRAE]</ref>, e aquel foi criado especialmente polos seus avós maternos Teresa e José Ramón, carpinteiro de profesión e coñecido polo alcume de ''Pepe de Castelao''<ref name="galespa" />.
 
[[Ficheiro:Rianxo Galicia 060521 25.jpg|miniatura|esquerda|200px|Inscrición na casa.]]
 
Na casa e na escola chamárono sempre Daniel, non Alfonso, como, por iniciativa propia, puxo na partida o crego, por ser nado no mesmo ano en que se agardaba o nacemento do futuro rei, ó que se lle tiña destinado o nome de Alfonso<ref>Núñez Búa, J.: ''Vida e paixón de Castelao''.</ref>. Posteriormente adoptou o nome de ''Alfonso R. Castelao'' ou, sobre todo na sinatura dos seus debuxos, simplemente ''Castelao''.
 
Sendo cativo foi veciño dos Dieste e moi amigo de [[Eduardo Dieste|Eduardo]], irmán do futuro escritor rianxeiro [[Rafael Dieste]]<ref name=galespa/>. Asistiu á escola privada de Xoan Vidal e despois á escola pública de Rianxo<ref>VV.AA. ''Castelao (contra a manipulación)''. Edicións Xistral, páxina 9.</ref>.
 
A finais de [[1895]], Daniel emigrou coa súa nai para ir vivir co pai en [[Bernasconi]], na [[Provincia da Pampa|Pampa]]. Ambos embarcaron, como tantos emigrantes, no porto de [[Vilagarcía de Arousa]] no bote ''Lloyd Norte'', propiedade dunha empresa [[Alemaña|alemá]].
 
{{Cita centrada|''Tiña eu once anos<ref>Nótese que, realmente, Castelao só tiña daquela 9 anos.</ref> cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados miña nai e mais eu, nun paquete alemán.''|autor=Castelao, ''O segredo''.}}
 
Durante a estadía da familia na [[Arxentina]] nacerían as súas únicas irmás: Josefina ([[1897]]-[[1972]]) e Teresa ([[1898]]-marzo [[2000]]).
 
Residiu na Arxentina até o [[1900]] e alí, segundo el mesmo conta, descubriu o valor da caricatura lendo ''[[Caras y Caretas]]'', onde [[Xosé María Cao Luaces]] publicaba as súas caricaturas.
 
En [[1900]] deciden volver para que Daniel estude medicina en [[Santiago de Compostela|Compostela]]. De volta en Rianxo instálanse na casa número 7 da Rúa de Abaixo. Nesas datas comeza a tomar clases de debuxo de [[María Dios Rivademar]] no Caramiñal<ref>''[http://books.google.es/books?id=x6L1NmaVXJoC&printsec=frontcover&hl=en#PPA8,M1 Castelao pintor]'', páxina 8.</ref>. Máis adiante, o pai volveu a Arxentina para regresar definitivamente en [[1903]] e, cos ingresos que acumulara alá, mellora substancialmente a situación económica da familia polo que puido dedicarse á política (chegou a ser alcalde de Rianxo en 1907 e en 1923) e dar estudos ao fillo.
 
=== Estudos e activismo ===