Tratado de Fontainebleau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado referencia de en:wiki
Liña 4:
En [[1806]], tras fracasar o seu intento de invasión de [[Inglaterra]], Napoleón decreta o [[Bloqueo Continental]],<ref>{{Cita libro|título=British Battles of the Napoleonic Wars 1793-1806: Despatches from the Front|apelidos=Mace|nome=Martin|editorial=Pen & Sword Books Limited|ano=2013|ISBN=9781781593325|apelidos2=Grehan|nome2=John|lugar=Barnsley (R.U.)|páxina=17|lingua=en|ref=}}</ref> que prohibía o comercio de produtos británicos no continente europeo. [[Portugal]], tradicional aliada de Inglaterra, négase a acatalo e Napoleón decide a súa invasión. Para iso necesita transportar alí as súas tropas terrestres, polo que busca a alianza con España.
 
O 27 de outubro de 1807, Manuel Godoy, valido de Carlos IV, representado polo seu plenipontenciario, o Conselleiro de Estado e Guerra [[Eugenio Izquierdo]], asina co marechal [[Gérard Duroc]], representante de Napoleón,<ref name=":0">Napier (1867), p. 9</ref> o Tratado de Fontainebleau, no que se estipula a invasión militar conxunta franco-española de Portugal, para o que se permite o paso de tropas francesas por territorio español.
 
== O Tratado ==
Liña 11:
Conforme ao Tratado, unha vez invadido [[Portugal]], este sería dividido en tres zonas:<ref>Martínez & Maqueda & de Diego (1999), p. 38</ref>
 
* O norte (Oporto e Entre-Minho-e-Douro) sería entregado, co nome de Reino da Lusitania Setentrional, ao antigo rei de [[Etruria]], [[Carlos Luís I de Borbón]], sobriño de [[Fernando VII]], en compensación polos seus territorios italianos entregados a Napoleón.<ref name=":0" />
* A zona central (Beiras, [[Tras os Montes]] e Estremadura portuguesa) reservaríase para un posible cambio por [[Xibraltar]] e a [[illa de Trinidade]], en mans de Inglaterra.
* A zona sur ([[Alentejo]] e [[Algarve]]) pasaría a Godoy e a súa familia como Principado dos Algarves, independente e hereditario