Proceso de El Escorial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 18:
A finais de maio de 1807, a mala saúde de Carlos IV resultaba preocupante, e para evitar a acumulación de poder en mans de Godoy, Fernando asinou un decreto, que só sería válido en caso da morte do rei, e que había recibir o duque do Infantado no que lle outorgaba o poder militar para deter ao favorito<ref name=":0" />. Porén, non se lle puido entregar e, o [[27 de outubro]], Godoy avisou ao rei da existencia dunha conxura para conseguir a súa abdicación e, quizais, a súa morte.<ref name=":1">Norvins (1832), p. 252</ref> Godoy tamén denunciou a Fernando como quen estaba á fronte da conspiración e presentou como probas uns papeis gardados por Fernando (unha carta a Napoleón, o decreto do duque do Infantado e unha declaración para obrigar a Carlos IV a expulsar a Godoy).<ref name=":1" /> Inmediatamente, o rei mandou o arresto de seu fillo, que foi confinado no Escorial onde permaneceu sete días.<ref>{{Cita libro|título=Claves para comprender el Monasterio de San Lorenzo de El Escorial|apelidos=Rincón Álvarez|nome=Manuel|editorial=Ediciones Universidad de Salamanca|ano=2007|ISBN=978-84-7800-392-1|lugar=Salamanca|ref=}}</ref>
 
=== ProcesoO proceso ===
Fernando, consciente de que actuara en contra da autoridade de seu pai, para conseguir o seu perdón, cando levaba apenas un día detido, delatou os seus cómplices. No proceso todos os conspiradores foron declarados inocentes polo [[Consello de Castela]], seguramente influído por Godoy.<ref>Norvins (1832), p. 253</ref> O indulto e as absolucións de 1807 foron concedidos porque había un significativo apoio público para os conspiradores contra Godoy, como se demostrou, uns poucos meses máis tarde, no posterior [[motín de Aranjuez]] ([[17 de marzo|17]] a [[19 de marzo]] de [[1808]]), no que foi atacado o Palacio de Godoy, deposto o rei e proclamado [[Fernando VII]] polo Consello Real.