Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 51:
En Ucraína as tropas alemás, que contaran co apoio dos ferroviarios ucraínos durante a toma de Xitomir, permitiu a toma do poder polos nacionalistas que volveron a constituír un parlamento en Kiev, que foi suprimido o 29 de abril polos ocupantes alemáns que o temían por estar dominado polos marxistas. Tomou o poder o nacionalista conservador [[Pavlo Skoropadskyi]], que tomou o título de [[hetman]] e se constituíu en ditador, aínda que se mantivo no poder só ata a derrota dos alemáns na Primeira Guerra Mundial, momento no que a Rda retomou o poder para volver perdelo dous meses despois en beneficio da Unión Soviética.
A ocupación alemá tivo nas [[Repúblicas Bálticas]] consecuencias máis duradeiras. En [[Estonia]] a implantación dos bolxeviques era escasa e presenza alemá evitou que puideran formar unha organización política sólida para contrarrestar a situación. Trala fin da primeira guerra mundial os conservadores puideron atraer os campesiños ó expropiar os agricultores de orixe alemá. A consecuencia foi a constitución dun goberno nacionalista dirixido polos socialdemócratas de etnia estona que puido resistir militarmente fronte os Vermellos. Lenín unir [[Lituania]] a Unión Soviética mediante a constitución dunha República Soviética local, pero o intento fracasou pola intervención polaca e a resistencia das forzas burguesas. En [[Letonia]] a situación foi máis complexa polo equilibrio entre nacionalistas e comunistas. En xaneiro de [[1919]] o Partido comunista quixo aproveitar o avance do Exercito Vermello no seu prol, pero as forzas nacionalistas aproveitaron os seus trunfostriunfos iniciais para toma-lo poder. A vitoria dos nacionalistas letóns foi facilitada polo pacto cos letóns de etnia alemá. En maio de [[1919]] o corpo de voluntarios alemán-letón, dirixido polo antigo xeral alemán [[Rüdiger Graf von der Goltz]] tomou baixo o seu control a cidade de [[Riga]] e eliminoi das Repúblicas Bálticas o último punto de control soviético.
 
=== Consecuencias militares ===