Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Besarabia: arranxiño
Liña 43:
A administración Bolxevique estaba dividida sobre as futuras actuacións en relación cos [[poderes centrais]] e a continuación da guerra. Só unha pequena parte do partido con Lenín á cabeza estaba disposta a unha paz sen condicións. A maioría dos comunistas rexeitaban ceder os imperios alemán e austríaco máis territorios. O resultado foi que, durante as conversacións de paz, [[Lev Trotski]] manifestou que Rusia non aspiraba nin a paz nin a guerra con Alemaña e o [[Imperio Austrohúngaro]].
 
O mando alemán dirixido por [[Erich Ludendorff]] decidiu entón a continuación dos ataques para obrigar ós comunistas a asinar un tratado de paz. A operación Faustschlag supuxo un ataque combinado das tropas de Austria-Hungría e Alemaña ó longo de toda a fronte do Leste. A operación comezou o 18 de Febreirofebreiro de 1918 e en só tres días caeu [[Minsk]], o 24 de febreiro [[Xitomir]] e o 3 de marzo [[Kiev]]. Un día despois a delegación dirixida por Trotski aceptou a paz polo [[tatado de Brest-Litovsk]]. Lenín conseguira convencer ´p partido despois das derrotas militares. O pacto deulle a Alemaña o control de Ucraína, Crimea e parte de Belarús e a Rusia do sur, ademais o avance das tropas dos imperios centrais continuou despois da sinatura do tratado.
 
=== Consecuencias da paz de Brest-Litovsk ===