Oímbra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 136:
A vila tiña un castelo fortificado, pero foi incendiado e destruído en [[1641]] tras unha incursión portuguesa. Tralo incidente, os veciños refuxiáronse na capela de Santa Ana, no monte de Soutullo.
 
Ao finalizar en [[1668]] a guerra entre [[España]] e [[Portugal]], asínase o [[Tratado de Lisboa (1668)|Tratado de Lisboa]] co cal as partes galegas de [[Cambedo da Raia|Cambedo]] e [[Soutelinho da Raia, Soutelinho da Raia|Souteliño]] seguirían pertencendo a Oímbra. En [[1864]] os dous países acadaron un novo acordo, pasando esas aldeas (xunto con [[Lamadarcos, Verín|Lamadarcos]]) a formar parte de [[Portugal]] a cambio dos lugares do [[Couto Mixto]]: [[Santiago, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín|Santiago]], [[As Maus, Tosende, Baltar|As Maus]] e [[Rubiás, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín|Rubiás]].
 
Durante a [[Guerra da Independencia Española]], as tropas do [[Marqués de la Romana]] que levaban na zona desde xaneiro, retiráronse o [[6 de marzo]] ante a chegada das tropas do [[Nicolas Jean de Dieu Soult|mariscal Soult]]. O Marqués de la Romana refuxiárase no castelo de [[Pobra de Sanabria]] debido á súa inferioridade, pois foron vencidas en Osoño e A Trepa. O día 10, tras varias xornadas de combate, as tropas francesas retoman a marcha cara a Portugal, sendo derrotadas o [[2 de maio]] en [[Amarante, Portugal|Amarante]].