Tetraoninos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 76:
 
== Alimentación e hábitats ==
Estas aves aliméntanse principalmente de vexetais: [[abrocho|xemas]], [[amento]]s, follas[[folla]]s e [[póla|ramiñas]], que normalmente constitúen o 95% do peso dos alimentos dos adultos. As súas dietas varían grandemente coa estación. As crías comen principalmente insectos e outros [[invertebrado]]s, reducindo gradualemnte a proporción de comida de orixe animal ata os niveis normais na dieta adulta. Varias das especies que viven en bosques son notables por comeren grandes cantidades de follas de [[coníferas]], que a maioría dos demais vertebrados rexeitan. Para dixerir esta comida vexetal, teñen grandes boches e [[moella]]s, comen pedriñas para mellor triturar a comida, e teñen longos [[intestino]]s con [[cego (intestino)|cegos]] ben desenvolvidos nos cales hai [[bacterias]] [[simbiose|simbióticas]] que dixiren a [[celulosa]].<ref name=Firefly/>
 
As especies de bosque forman grupos só en outono e inverno, aínda que os individuos se toleran se se encontran. As especies de pradería son máis sociais, e as especies de [[tundra]] (''[[Lagopus]]'') son as máis sociais de todas, formando grupos de ata 100 individuos en inverno. Todas as especies pasan a maior parte do seu tempo no chan, aínda que cando son alarmadas, poden levantar o voo freneticamente e facer longos planeos.<ref name=Firefly/>