Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Literatura}}
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10ehf1)
Liña 42:
Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuais [[latín|latinos]], [[hebreo]]s e [[islam|islámicos]] coñecido como [[Escola de Tradutores de Toledo]], na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida a [[prosa]] en [[lingua castelá|castelán]]. Destacan as ''[[Sete Partidas]]'' (''Las Siete Partidas''), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados de [[xadrez]] e de [[astronomía]]. Ademais escribiu poesía en [[galego-portugués]], como as ''[[Cantigas de Santa María]]'', realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, a [[lingua galego-portuguesa]]. Tamén escribiu poemas [[trobador]]escos. Por todo isto foi alcumado ''o Sabio''.
 
En 1935 recoñeceuse como [[astrónomo]] nomeándose no seu honor o [[cráter de impacto|cráter]] [[Lúa|lunar]] "[[Alphonsus]]".<ref>[http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/206 Ficha do cráter lunar "Alphonsus", en ''Gazeteer of Planetary Nomenclature''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20161211002050/https://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/206 |date=11 de decembro de 2016 }}. Consultada o 24 de outubro de 2016.</ref>
 
== Traxectoria ==