Luzes de Galiza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
reflexar > reflectir
Liña 22:
Respecto á denominación da revista, esta xa nos ofrece información relevante sobre o carácter da publicación.
 
En primeiro lugar, enmarca a iniciativa nun determinado espazo xeográfico, Galiza. Cabe sinalar tamén que aparece “Galiza” en lugar de “Galicia”, o cal reflexareflicte unha vontade de empregar a [[normativa reintegracionista]] en lugar da oficial. Non obstante, co paso do tempo, a maior parte dos colaboradores empregan nos seus escritos a normativa oficial, mais sen cambiar a grafía da revista, mostrando que ambas opcións son aceptadas, xa que o que prima é o contido.
 
En segundo lugar, ''Luzes'' reforza os ideais de renovación dos autores. Búscase iluminar unha tradición cultural e sobre todo literaria, a galega, que foi escurecida durante séculos pola castelá.{{Cómpre referencia}} Ademais, pode entenderse como unha referencia á [[Ilustración]], en que todos os eidos do saber eran tratados como importantes e se cría na necesidade de crear [[enciclopedia]]s nas que se recollese o saber humano global. Isto explicaría a diversidade de asuntos e temas que se tratan en ''Luzes de Galiza''. De novo estase a empregar a normativa reintegracionista (“Luzes” e non “Luces”).