Diferenzas entre revisións de «Anxiospermas»

sen resumo de edición
({{1000 artigos icona título|materia=Bioloxía e Xeoloxía}})
== Ecoloxía e Evolución das magnoliófitas ==
[[Ficheiro:Radiacion-traqueofitas.gif|miniatura|dereita|400px|<center>''' Rexistro fósil de aparición das diferentes clados de plantas vasculares. ''' <small> Nótese a intensa radiación das magnoliófitas en comparación cos fieitos e ximnospermas. Debuxado e traducido a partir de Willis y McElwain (2002).</small></center>]]
Nunha carta que lle escribiu a un amigo, Charles Darwin referiuse á aparición repentina das magnoliófitas como un "abominable misterio". Nos rexistros fósiles máis antigos, as primeiras [[plantas vasculares]] datan de hai 400 millóns de anos. Despois no [[devónicoDevoniano]] e no [[carboníferoCarbonífero]] predominaron as lycophytas, sphenophytas e proximnospermas, que foron dominantes até hai uns 300 millóns de anos. As primeiras plantas con semente apareceron no DevónicoDevoniano tardío, e iso levou á típica flora do [[mesozoico]] dominada por ximnospermas. Os fósiles máis antigos de magnoliófitas atopados até data de hoxe datan aproximadamente de hai 140 millóns de anos (principios do [[cretáceo]]), e o número de especies atopado aumenta de xeito rechamante co tempo xeolóxico, en comparación a outras plantas non magnoliófitas. Diversificáronse axiña desde hai uns 100 millóns de anos, chegando a dominar os [[bioma]]s da Terra salvo rexións polares hai uns 65-75 millón de anos, dominancia que se mantén até data de hoxe. Para esa época xa existía a maior parte das familias de magnoliófitas que coñecemos hoxe en día, e incluso algúns dos xéneros actuais.
 
Até a data de edición deste artigo, manéxase que as primeiras magnoliófitas eran pequenas plantas adaptadas a vivir na escuridade, en lugares perturbados e probablemente tamén húmidos (Feild, Arens e Dawson 2003<ref name="Feild Arens y Dawson 2003">Taylor S. Feild, Nan Crystal Arens, y Todd E. Dawson. 2003. "The Ancestral Ecology of Angiosperms: emerging perspectives from extant basal lineages". ''Int. J. Plant Sci.'' 164 (3 Suppl.):S129-S142. (resumo [http://www.journals.uchicago.edu/cgi-bin/resolve?id=doi:10.1086/374193&erFrom=708468970278913014Guest aquí] )</ref>), hipótese chamada en inglés "the dark and disturbed hypotesis". As evidencias proveñen da análise das "magnoliófitas basais" actuais. Con respecto á evidencia no rexistro fósil, Willis y McElwain sinalan que os froitos fósiles máis antigos atopados (pertencentes a partes de follas, flores, froitos e pole das pólas ceratophyllais, xuglandais e ranunculídeos, (entre outros) posúen sementes dabondo pequenas como para supoñer que as primeiras magnoliófitas se dispersaban e colonizaban os ambientes a través do que en ecoloxía se coñece como "[[estratexia r]]", a estratexia dos primeiros colonizadores dos ambientes perturbados (Willis e McElwain 2002). Hai que ter en conta que para facer esta análise, Feild, Arens e Dawson asumiron as Chlorantaceae como unha familia de magnoliófitas basais, e incluíronas na súa análise, porén a localización de Chlorantaceae na árbore filoxenética aínda non recibe consenso (Qiu ''et al.'' 2005<ref name="Qiu et al. 2005" />).
232.480

edicións