Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

 
=== Interpretación ===
==== Universalismo e localismo ====
O carácter universalista da obra de Orosio quizáquizais sexa o matiz máis destacable, e nel coinciden todo tipo de autores, desde clásicos como [[Menéndez y Pelayo]] ata o moderno Torres Rodríguez<ref>TORRES RODRÍGUEZ, Casimiro. ''Paulo Orosio. Su vida y sus obras''. [[A Coruña]]: [[Fundación Pedro Barrié de la Maza]], 1985. p.75</ref>. A súa obra sinálase como a primeira obra de historia universal de índole cristiá (ou a última do universalismo clásico, se se prefire)<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 373.</ref>.
 
Paulo Orosio utiliza a denominada ''teoría da sucesión dos catro imperios universais''<ref>RÁBADE NAVARRO, Miguel Ángel, 'Una interpretación de fuentes y métodos en la Historia de Paulo Orosio', in ''Tabona. Revista de Prehistoria, Arqueología y Filología Clásicas'', 32:1985-1987, p. 378.</ref>, tomando a premisa de que a partir das ruínas dunha gran civilización xorde outra. Así, colle catro imperios históricos, [[Babilonia]], a [[Roma Antiga|Roma]] pagá, [[Reino de Macedonia|Macedonia]] e [[Cartago]], e un quinto, a Roma cristiá, como herdanza de todos eles. De feito, durante a narración os catro imperios teñen un mesmo devir e uns paralelismos moi marcados en oposición á Roma que desexa enxalzar.
199.395

edicións