Contido eliminado Contido engadido
Anox (conversa | contribucións)
Liña 525:
 
::A primeira é de 2003, reimpresa en 2005. ''Strictu sensu'' son tres volumes distintos 2003 (2005), 2009 e 2016, pero en realidade son continuacións/actualizacións/melloras. É curioso a nivel bibliográfico, máis nada. Unha aperta! --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 30 de decembro de 2018 ás 12:49 (UTC)
 
== Sueiro Gómez de Soutomaior ==
 
Ola, vexo que revertiches o meu cambio sobre o nome deste persoeiro medieval. Se seguides a política da wikipedia en español de españolizar os nosos nomes, avísame, por favor, que me absterei de seguir colaborando coa galipedia. Como advertía na nota sobre o cambio que eu fixen, "Este personaxe aparece como Sueyro Gomes de Soutomayor na grafía medieval (por exemplo, no libro de Notas de Álvaro Peres,notario de Rianxo, no TMILGa). Na moderna, debería escribirse Sueiro Gómez de Soutomaior." Quizais isto non vos pareza xustificación abonda, pero é que en realidade non a necesita, porque na Idade Media os personaxes todos tiñan o nome en galego, como é natural. A historiografía española afíxose a españolizala, e parece que tiveron éxito ata a Galipedia. Síntoo.--Anox 7 de xaneiro de 2019 ás 14:47 (UTC)