Cetáceos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxo
Etiqueta: edición de código 2017
Sen resumo de edición
Liña 34:
Morfoloxicamente, presentan un corpo fusiforme, semellante ós dos [[peixes]], que os fai máis [[hidrodinámica|hidrodinámicos]]. As [[Extremidade|patas]] anteriores transformáronse en [[aleta]]s, mentres que as posteriores desapareceron como tales, aínda que quedan algúns [[óso]]s [[Estrutura vestixial|vestixiais]] non unidos á [[pelve]] e ocultos dentro do corpo. A aleta caudal é horizontal e divídese en dous lóbulos. Xeralmente carecen de pelo e teñen unha capa de tecido adiposo debaixo da pel para manter a calor corporal en augas frías. O tamaño dos cetáceo vai desde 1&nbsp;m e 50&nbsp;kg do [[golfiño de Maui]] aos 29,9&nbsp;m e 173 toneladas da [[balea azul]]<ref name=pop>{{cita web |título=Assessment and Update Status Report on the Blue Whale ''Balaenoptera musculus'' |editor=Committee on the Status of Endangered Wildlife in Canada |ano=2002 |url=http://www.sararegistry.gc.ca/virtual_sara/files/cosewic/sr_blue_whale_e.pdf |formato=PDF |dataacceso=19 de abril de 2007 |lingua=en}}</ref>, que é o animal máis grande que xamais existiu na [[Terra]], mesmo maior cos renomeados [[Dinosauria|dinosaurios]]. Algunhas especies mostran [[dimorfismo sexual]]. Aínda que non son tan flexibles ou áxiles coma as [[Pinnípedes|focas]], os cetáceos poden nadar moi rápido, así a [[candorca]] é capaz de trasladarse a 35&nbsp;km/h en períodos curtos de tempo, e o [[rorcual común]] pode manter unha velocidade de 30&nbsp;km/h. Os golfiños poden facer xiros moi axustados mentres nadan a gran velocidade<ref>{{cita publicación periódica |apelidos=Fish |nome=Frank E. |ano=2002 |título=Balancing Requirements for Stability and Maneuverability in Cetaceans |url=http://icb.oxfordjournals.org/content/42/1/85.full |xornal=Integrative and Comparative Biology |volume=42 |número=1 |páxinas=85–93 |doi=10.1093/icb/42.1.85 |pmid=21708697 |lingua=en}}</ref>. Os misticetos teñen [[vibrisas]] na súa boca, a diferenza das baleas dentadas. Os cetáceos teñen uns [[Sentido (bioloxía)|sentidos]] moi desenvolvidos: a [[Visión|vista]] e o [[oído]] están adaptados tanto para a auga como para o aire, e as baleas teñen un sistema [[Tacto|táctil]] nas súas vibrisas. Algunhas especies están ben adaptadas para mergullarse a grandes profundidades.
 
Os grandes cetáceos foron obxecto da caza comercial durante séculos, como un recurso mariño máis, ata poñelos en perigo de extinción. Aínda hoxe algúns países coma o [[Xapón]], [[Noruega]] ou [[Islandia]] seguen cazando baleas para comer a súa carne, escudándose no argumento da [[caza de baleas|caza científica]]. Puntualmente tamén se cazaron os golfiños, tanto para aproveitar a carne como por consideralos inimigos dos pescadores e aínda hoxe o fan no Xapón, os ''[[Linguas inuit|inuit]]'' (esquimós) do [[Canadá]] ou nas [[Feroe|illas Feroe]] en [[Dinamarca]].
 
A rama da [[bioloxía]] que estuda estes animais é a [[cetoloxía]].