Escola filosófica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
ocurrir > ocorrer
Liña 136:
* [[Escolas anarquistas]]: ''Non hai unha soa posición definida que todos os anarquistas manteñan, e o máis que teñen en común os que son tidos por anarquistas á un certo aire de familia'', segundo a Enciclopedia Oxford de Filosofía.<ref>Ted Honderich, Carmen García Trevijano, [http://books.google.es/books?id=s9iwZGv44psC&pg=PA402&dq=Enciclopedia+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA57,M1 ''Enciclopedia Oxford de Filosofía'']</ref> As posturas [[anarquismo|anarquistas]] poden ser de carácter global, predicando unha revolución e cambio total da sociedade, ou máis restritivas, centrándose en unidades pequenas e cambios parciais. Acéptase xeralmente que o punto de partida do debate doutrinal sobre un pensamento anarquista moderno remóntase a finais do [[século XVIII]], na obra de [[William Godwin]] ''An Enquiry concerning Political Justice and its influence on general virtue and happiness'' (1793),<ref>Max Nettlau, [http://www.antorcha.net/biblioteca_virtual/historia/anarquia_tiempos/nettlau2.html ''La anarquía a través de los tiempos''] {{es}}</ref><ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, [http://books.google.es/books?id=naHWtiYg5M0C&pg=PA520&dq=Diccionario+teor%C3%ADa+pol%C3%ADtica&lr=&as_brr=3#PPA30,M1 ''Diccionario de política'', páx. 30] {{es}}</ref> anída que o primeiro autor que se autodenominou anarquista foi [[Pierre-Joseph Proudhon]].<ref>Outhwaite, William: 2003. ''The Blackwell dictionary of modern social thought''. Wiley-Blackwell. páx 287. ISBN 978-0-631-22164-7. [http://books.google.es/books?id=E8KUQCMGyssC&printsec=frontcover&dq=The+Blackwell+dictionary+of+modern+social+thought#PPA287,M1.] {{en}}</ref> As fontes académicas non se poñen de acordo en canto á [[taxonomía]] das correntes anarquistas. Algunhas fan unha distinción entre dúas liñas básicas de pensamento, [[individualismo|individualistas]] e [[comunismo|comunistas]]<ref>Norberto Bobbio, José Aricó, Nicola Matteucci, Gianfranco Pasquino, Martí Soler, Jorge Tula, Diccionario de política, páx. 30 (en castelán)</ref>, con [[Max Stirner]] e [[Piotr Kropotkin]] como figuras representativas de ambas as ideoloxías,<ref>Edward Craig, [http://books.google.es/books?id=lnuwFH_M5o0C&pg=PA248&dq=anarchism+encyclopedia&lr=&as_brr=3#PPA246,M1 ''Routledge Encyclopedia of Philosophy''] {{en}}</ref> situando entre ambos os extremos do espectro anarquista outras correntes clásicas, como o [[mutualismo]] de Pierre-Joseph Proudhon e o [[colectivismo]] de [[Mikhail Bakunin]]. Tamén é común como forma de clasificación sinalar as catro correntes máis importantes, que son o [[anarquismo|anarquismo individualista]], o [[mutualismo]], o [[anarcocomunismo|anarquismo comunista]] e o [[anarcosindicalismo]] e, segundo algunhas fontes, tamén o [[colectivismo]].<ref>Este é o criterio escollido, por exemplo, pola [http://books.google.es/books?id=NIZfQTd3nSMC&printsec=frontcover&dq=david+miller Enciclopedia Blackwell sobre pensamiento político] {{es}}, ou por Andrew Vincent no seu [http://books.google.es/books?id=igrwb3rsOOUC&printsec=frontcover&dq=*Modern+Political+Ideologies++Andrew+Vincent Modern Political Ideologies]. {{en}}</ref> O antropólogo anarquista [[David Graeber]] observou que aínda que as correntes do [[marxismo]] sempre se basean nos seus fundadores (por exemplo, [[leninismo]], [[maoísmo]], [[lacan]]ianismo), as correntes do anarquismo "emerxen case invariabelmente sobre algunha clase de principio organizacional ou forma de práctica",<ref>David Graeber e Andrej Grubacic, ''El anarquismo, o el movimiento revolucionario del siglo XXI'', [http://zinternational.zcommunications.org/Spanish/1204graeber.htm] {{es}}</ref> como, por exemplo, o anarcosindicalismo ou o [[anarquismo cooperativista]].
[[Ficheiro:Derrida-by-Pablo-Secca.jpg|miniatura|[[Jacques Derrida]]]]
* [[Posmodernismo]]: O termo posmodernismo ou [[posmodernidade]] designa xeralmente un amplo número de movementos [[Arte|artísticos]], [[cultura]]is, [[literario]]s e filosóficos que xurdiron a mediados do [[século XX]], definidos en diverso grao e maneira pola súa oposición ao [[modernismo]], ou á súa superación. As diferentes correntes do movemento posmoderno comparten a idea de que o proxecto modernista fracasara no seu intento de renovación radical das formas tradicionais da arte e a cultura, o pensamiento e a vida social, a emancipación da humanidade, en suma, e de que un proxecto semellante é imposíbel ou inalcanzábel nas condiciónes actuais. Fronte ao compromiso rigoroso coa innovación, o progreso e a [[crítica social|crítica]] das vangardas artísticas, intelectuais e sociales, ao que considera unha forma refinada de [[teoloxía]] autoritaria, o posmodernismo defende a hibridación, a cultura popular, e o descentramento da autoridade intelectual e científica. Adóitase dividir a posmodernidade en tres sectores, dependendo da súa área de influencia: como un período histórico, como unha actitude filosófica, ou como un movemiento artístico. Histórica, ideolóxica e metodoloxicamente diversos, comparten, porén, un parecido de familia. Desde o punto de vista filosófico considérase a [[Friedrich Wilhelm Nietzsche|Nietzsche]] o primeiro posmoderno,<ref>[http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm "Nietzsche: el primer posmoderno"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091222123933/http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0dissolucio.htm |date=22 de decembro de 2009 }} de [http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0index.htm G. Mayos.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091212180852/http://www.ub.edu/histofilosofia/gmayos/0index.htm |date=12 de decembro de 2009 }} {{es}}</ref> pero hai intérpretes que se remontan a certas actitudes posmodernas dalgúns [[sofismo|sofistas]]. Nos últimos tempos, no campo científico, a [[teoría da relatividade]] e posteriormente a [[física cuántica]], revolucionaron a física moderna newtoniana, a forma mecanicista de interpretar o universo. Do mesmo modo fixérono no campo filosófico. Na ciencia foron moi importantes a [[teoría do caos]], ou a imposibilidade de predicir feitos ([[principio de indeterminación de Heisenberg|Principio de indeterminación]] de [[Heisenberg]], nome que define unha das maiores características do pensamento posmoderno) así como as consecuencias do [[teorema de Bell]]. O mesmo ocurreuocorreu na área da epistemoloxía e da filosofía co devenir da psicanálise. Aínda que [[Freud]] sempre foi tratado como un autor clásico, no sentido que se ben critica algúns aspectos da cultura moderna (especialmente en ''O malestar na cultura''), algúns dos seus seguidores como Lyotard e Vattimo desprazáronse cara a plans posmodernos. O filósofo italiano [[Gianni Vattimo]] define o pensamento posmoderno con claridade: nel o importante non son os feitos senón as súas interpretacións. Así como o tempo depende da posición relativa do observador, a certeza dun feito non é máis ca iso, unha verdade relativamente interpretada e, polo mesmo, incerta. O modelo determinista da causalidade, da verdade dun suxeito forte o estilo de [[Georg Wilhelm Friedrich Hegel|Hegel]], [[Kant]] e mesmo [[Karl Marx|Marx]] e o plan do tempo lineal como o de [[Leibniz]], son cuestionados. A posmodernidade, por máis polifácetica que pareza, non significa unha ética de carencia de valores no sentido moral, pois precisamente a súa maior influencia manifiéstase no actual relativismo cultural e na crenza de que nada é totalmente malo nin absolutamente bo. A moral posmoderna é unha moral que cuestiona o cinismo relixioso predominante na cultura occidental e fai fincapé nunha ética baseada na intencionalidade dos actos e a comprensión inter e transcultural de corte secular dos mesmos. É unha nova forma de ver a estética, un novo orden de interpretar valores, unha nova forma de relacionarse, intermediadas moitas veces polos factores postindustriais. Os pensadores máis destacados das correntes posmodernas son [[Gilles Deleuze]], [[Jean Baudrillard]], [[Jean-François Lyotard]], [[Jacques Lacan]], [[Michel Foucault]], [[Gianni Vattimo]], [[Jacques Derrida]], [[Gilles Lipovetsky]], [[Slavoj Zizek]], [[Alain Badiou]], [[Bourdieu]], entre outros.
* [[Deconstrución]]: A deconstrución é a xeralización por parte do filósofo [[postestruturalismo|postestruturalista]] [[Francia|francés]] [[Jacques Derrida]] do [[método (filosofía)|método]] implícito nas análises do pensador [[Alemaña|alemán]] [[Martin Heidegger]], fundamentalmente nas súas análises [[etimoloxía|etimolóxicas]] da [[historia da filosofía]]. Analiza a construción dun [[concepto]] calquera a partir de procesos históricos e acumulacións metafóricas, mostrando que o claro e evidente dista de selo, xa que os útiles da [[conciencia]] en que o verdadeiro en si debe darse son históricos, relativos e sometidos aos [[paradoxo]]s das figuras retóricas da [[metáfora]] e a [[metonimia]]. O concepto de deconstrución está baseado tanto na filosofía como na [[literatura]], e tivo grande acollida especialmente nos Estados Unidos. Aínda que o termo xa fora utilizado por Heidegger, foi a obra de Derrida a que sistematizou o seu uso e teorizou a súa práctica. O termo é a tradución proposta por Derrida dos termos alemáns ''Destruktion'' e ''Abbau'', que Heidegger empregara en ''Sein und Zeit''. Derrida estima que ''deconstrución'' é máis correcto que a tradución clásica como ''destrución'', dado que non se trata tanto, dentro da deconstrución da [[metafísica]], da redución á nada, como de mostrar como foi abatida.<ref>Laurent Carraz, ''Wittgenstein et la déconstruction'', Antipodes, col. Écrits philosophiques, 2000.</ref>. En realidade, a palabra ''deconstrución'' apareceu en [[1955]] no contexto da filosofía francesa con ocasión da tradución do texto de Heidegger ''Zur Seinsfrage'' (Contribucións á cuestión do ser). Gérard Granel elixiu este termo para traducir a palabra alemá ''Abbau'' que quería distinguir de "destrución" (tradución de ''Zerstörung'')<ref>Marc Goldschmidt, ''Jacques Derrida: une introduction'', Pocket, 2003, páx. 20. [[Martin Heidegger]], ''Questions I'', 1968, páx. 240.</ref>.