Teoría neutralista da evolución molecular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: {{cite journal → {{Cita publicación periódica (4)
ocurrir > ocorrer
Liña 7:
Aínda que algúns científicos como Freese (1962) <ref>Freese, E. (1962). On the evolution of base composition of DNA. J THeor Biol, 3:82-101.</ref> e Freese e Yoshida (1965),<ref>Freese, E. and Yoshida, A. (1965). The role of mutations in evolution. In V Bryson, and H J Vogel, eds. Evolving Genes and Proteins, pp. 341-55. Academic, New York.</ref> indicaron que as mutacións neutras estaban probablemente moi estendidas, non se propuxo unha teoría coherente da evolución neutralista ata que o fixeron, independentemente, [[Motoo Kimura]] en 1968,<ref>Kimura M. (1968). Evolutionary Rate at the Molecular Level. ''Nature'' 217:624-6.</ref> e King e Jukes en 1969.<ref>King JL, Jukes TH. (1969). Non-Darwinian Evolution. ''Science'' 164:788-97.</ref> Despois, moitos outros [[bioloxía molecular|biólogos moleculares]] e [[xenética de poboacións|xenetistas de poboacións]] tamén contriburon ao desenvolvemento da teoría neutralista, que é diferente da teoría neodarwinista.<ref name=Kimura83/><ref name=Nei2005>Nei, M. (2005). Selectionism and neutralism in molecular evolution. ''Mol Biol Evol'', 22: 2318-42</ref><ref name=Nei2013>Nei, M. (2013). Mutation-driven evolution. Oxford University Press, Oxford</ref>
 
Kimura, King, e Jukes suxeriron que cando se comparan os [[xenoma]]s das especies existentes, a gran maioría das diferenzas moleculares son "neutras" en canto á selección natural, é dicir, os cambios moleculares representados por estas diferenzas non inflúen na eficiencia biolóxica ou ''[[fitness (bioloxía)|fitness]]'' dos organismos. Como resultado, a teoría considera que estas características xenómicas non están suxeitas nin se poden explicar por selección natural. Esta idea está baseada en parte en que o [[código xenético]] está [[dexeneración do codón|dexenerado]], que quere dicir que pode haber varias secuencias distintas de tres [[nucleótido]]s ([[codón]]s) que codifican o mesmo [[aminoácido]] (por exemplo, os codóns ''GCC'' e ''GCA'' codifican ambos a [[alanina]]). Consecuentemente, moitos cambios potenciais dun só nucleótido son "silenciosos" ou "non expresados", se ocurreocorre que o codón que codificaba un aminoácido cambia a outro codón que tamén codificaba ese mesmo aminoácido. Tales cambios considérase que teñen pouco ou ningún efecto biolóxico.
 
Unha segunda hipótese da teoría neutralista é que a maioría dos cambios evolutivos son o resultado da [[deriva xenética]] que actúa sobre os [[alelo]]s neutros, en vez de, por exemplo, do [[autostop xenético]] dun alelo neutro debido a que ten un [[ligamento xenético]] con alelos non neutros. Un alelo neutro, unha vez que aparece por mutación, pode facerse máis común na poboación por causa da deriva xenética. O máis normal é que o alelo se perda, pero en raros casos pode [[Fixación (xenética de poboacións)|fixarse]] na poboación, o que significa que o novo alelo se fai o alelo estándar na poboación. Este proceso estocástico considérase que obedece a ecuacións que describen a deriva xenética aleatoria por causa de accidentes de mostraxe.