Columnas galegas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
ocurrencia > ocorrencia
Liña 8:
A terceira columna creouse o [[4 de agosto]], ao mando do comandante Ollo, co obxectivo de reforzar a segunda columna en Ponferrada, co fin de tomar Asturias desde a costa e o sur pero debido á resistencia republicana tiveron que unir a segunda columna á primeira o [[7 de agosto]]. Debido á tardanza, o [[xeneral Mola]] destituiu ao [[xeneral Bosch]], que desde [[Galicia]] coordinaba os ataques das columnas, tomou seu lugar o [[coronel Martín Alonso]]. Debido a que os sublevados remataron por renderse ante o asedio republicano a Xixón, os obxectivos das columnas pasaron a ser o de destruír o asedio republicano a Oviedo, contactando a 1º e 3º columnas e iniciando o ataque ás milicias que asediaban Oviedo, conseguindo enlazar o [[16 de outubro]] coas tropas sublevadas da capital e desmontar o sitio á cidade, que quedou conectada a territorio sublevado de Galicia a través dun estreito corredor.
 
Durante os combates os soldados galegos tiveron a ocurrenciaocorrencia de vestiren insignias téxtiles simulando [[peixe]]s e [[marisco]]s, recibindo o alcume de "mariscos"<ref>{{Versaleta|[[Antón Patiño Pérez|Patiño Pérez, A.]]}} (2007): ''Urbano Lugrís. Viaxe o corazón do Océano''. Ediciós do Castro.</ref>, tendo máis éxito o emblema dun cangrexo vermello.
 
Entre os recrutados nesta forza de choque estiveron [[Celso Emilio Ferreiro]] e [[Urbano Lugrís González]] (mentres seu irmán [[Secundino Lugrís González|Secundino]] pelexaba no [[Quinto Rexemento|V Rexemento]]) . A existencia destas unidades fixo que os políticos galegos en [[Madrid]] ([[Castelao]] e [[Santiago Álvarez]]) formasen as [[Milicias Galegas]] entre outras cousas para amosar que os galegos tamén defendían á república segundo testemuños dun dos seus creadores.