Ácido glutámico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 121:
Entre as técnicas experimentais para detectar glutamato nas células intactas está o uso dun [[nanosensor]] fabricado por [[enxeñaría xenética]].<ref>{{Cita publicación periódica | author=Okumoto, S., ''et al.'' | title=Detection of glutamate release from neurons by genetically encoded surface-displayed FRET nanosensors | journal=Proceedings of the National Academy of Sciences U.S.A | volume=102 | issue=24 | year=2005 | pages=8740–8745 | pmid=15939876 | doi = 10.1073/pnas.0503274102 | pmc = 1143584}}</ref> Este sensor é unha fusión dunha proteína de unión ao glutamato e dúas proteínas fluorescentes. Cando se une o glutamato, a fluorescencia do sensor con [[luz ultravioleta]] cambia por resonancia entre os dous fluoróforos. A introdución do nanosensor nas células permite a detección óptica da concentración de glutamato. Tamén se describiron análogos sintéticos do ácido glutámico que poden ser activados por luz [[ultravioleta]] e [[microscopía de excitación de dous fotóns]] (unha técnica que usa fluorescencia).<ref>{{Cita publicación periódica | author=Ellis-Davies, G.C.R., ''et al.'' | title=4-Carboxymethoxy-5,7-dinitroindolinyl-Glu: an improved caged glutamate for expeditious ultra-violet and 2-photon photolysis in brain slices | journal=Journal of Neuroscience | volume=27 | year=2007 | issue=June | pages=6601–6604 | pmid=17581946 | doi=10.1523/JNEUROSCI.1519-07.2007}}</ref> Este método é útil para mapear as conexións entre neuronas, e comprender mellor a función sináptica.
 
A evolución dos receptores de glutamato é completamente diferente en invertebrados, en concreto en [[artrópodo]]s e [[nematodo]]s, nos que o glutamato estimula as canles de cloro de apertura dependente do glutamato. As subunidades beta do receptor responden ao glutamato e á [[glicina]] con moi alta afinidade.<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1046/j.1471-4159.1995.64052354.x | last1 = Laughton | first1 = D.L. | last2 = Wheeler | first2 = S.V. | last3 = Lunt | first3 = G.G. | last4 = Wolstenholme | first4 = A.J. | year = 1995 | title = The beta-subunit of ''Caenorhabditis elegans'' avermectin receptor responds to glycine and is encoded by chromosome 1". | url = | journal = J. Neurochem | volume = 64 | issue = 5| pages = 2354–2357 | pmid = 7536811}}</ref> Estes receptores son o obxectivo de terapias antihelmínticas (contra os vermes) como o uso das [[avermectina]]s. As avermectinas únense con alta afinidade á subunidade alfa das canles de cloro de apertura dependente do glutamato.<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1038/371707a0 | last1 = Cully | first1 = D.F. | last2 = Vassilatis | first2 = D.K. | last3 = Liu | first3 = K.K. | last4 = Paress | first4 = P.S. | last5 = Van der Ploeg | first5 = LHT | last6 = Schaeffer | first6 = J.M. | last7 = Arena | first7 = J.P. | year = 1994 | title = Cloning of an avermectin-sensitive glutamate gated choride channels from ''Caenorhabditis elegans''". | url = | journal = Nature | volume = 371 | issue = 6499| pages = 707–711 | pmid = 7935817}}</ref> Estes receptores foron descritos tamén en artrópodos, como a mosca ''[[Drosophila melanogaster]]''<ref>Cully, D.F., Paress, P.S., Liu, K.K., Schaeffer, J.M. and Arena, J.P. 1996. "Identification of a ''Drosophila melanogaster'' glutamate-gated chloride channel sensitive to the antiparasitic agent avermectin". ''J. Biol. Chem. '271, 20187-20191'</ref> e ''Lepeophtheirus salmonis''.<ref>{{Cita publicación periódica | doi = 10.1111/j.1365-2885.2007.00823.x | last1 = Tribble | first1 = N.D. | last2 = Burka | first2 = J.F. | last3 = Kibenge | first3 = F.S.B. | year = 2007 | title = Identification of the genes encoding for putative gamma aminobutyric acid (GABA) and glutamate-gated chloride channel (GluCl) alpha receptor subunits in sea lice (''Lepeophtheirus salmonis'')". | url = | journal = J. Vet. Pharmacol. Ther. | volume = 30 | issue = 2| pages = 163–167 | pmid = 17348903}}</ref> A activación irreversible destes receptores con avermectinas causa hiperpolarización nas [[sinapse]]s e [[unión neuromuscular|unións neuromusculares]], o que orixina parálise flácida e a morte dos nematodos e artrópodos.
 
[[Ficheiro:L-Glutamate Structural Formulae.png|miniatura|dereita|250px|O L-glutamato en condicións fisiolóxicas.]]