Enzima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 181:
Os enzimas exercen unha grande variedade de funcións nos organismos vivos. Son indispensables para a [[transdución de sinais]], na regulación celular, moitas veces por acción de [[quinase]]s e [[fosfatase]]s.<ref>{{Cita publicación periódica |author= Hunter T.|year= 1995|título= Protein kinases and phosphatases: the yin and yang of protein phosphorylation and signaling.|journal= Cell.|volume= 80(2)|pages= 225–236|id= PMID 7834742}}</ref> Através da súa acción poden xerar movemento, como no caso da [[miosina]] que hidroliza [[adenosín trifosfato|ATP]], xerando [[contracción muscular|contraccións musculares]]. Tamén moven carga a través da célula, a través da acción do [[citoesqueleto]].<ref>{{Cita publicación periódica |url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=11294886|author= Berg JS, Powell BC, Cheney RE.|year= 2001|título= A millennial myosin census.|journal= Mol Biol Cell.|volume= 12(4)|pages= 780–794|id= PMID 11294886}}</ref> Algúns enzimas son ATPases (funcionan como [[bomba iónica|bombas iónicas]]), que se localizan na [[Membrana plasmática|membrana celular]], estando implicadas no proceso do [[transporte activo]]. Algunhas funcións máis exóticas son tamén operadas por enzimas, como é o caso da [[luciferase]] que xera luz nos [[vagalume]]s.<ref>{{Cita publicación periódica |url=http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=2030669|author= Meighen EA.|year= 1991|título= Molecular biology of bacterial bioluminescence.|journal= Microbiol Rev.|volume= 55(1)|pages= 123–142|id= PMID 2030669}}</ref> Os [[virus]] poden conter enzimas que os axudan na infección de células ([[HIV-integrase]] e [[transcritase inversa]]) ou na liberación celular de virus ([[neuraminidase]] no virus [[influenza]]).
 
Os enzimas exercen importantes funcións no [[aparato dixestivo]] dos animais. Enzimas como as [[amilase]]s e [[protease]]s, rompen grandes moléculas como o [[amidón]] e [[proteína]]s, respectivamente, en moléculas de menores dimensións, de maneira a que estas poidan ser absorbidas no [[intestino]]. O amidón non é absorbible no intestino, mais os enzimas hidrolizan as cadeas de amidón en moléculas menores tales como a [[maltosa]] e a [[glicosa]], posibilitando desta maneira a súa absorción. Diferentes enzimas actúan sobre diferentes tipos de alimento. Nos [[ruminante]]s, que posúen unha dieta [[herbívoro|herbívora]], as bacterias do seu aparato dixestivo producen un enzima denominado [[celulase]] que rompe as paredes celulares das células vexetais.
 
Os enzimas poden traballar en conxunto, seguindo unha orde de actuación específica. Desta maneira poden formar [[vía metabólica|vías metabólicas]]. Nestas vías, un enzima procesa o produto da acción doutro enzima como o seu substrato. Despois da reacción catalítica, o produto é entregado ao seguinte enzima da vía. Ás veces, máis dun enzima pode catalizar a mesma reacción, en paralelo. Isto permite unha regulación máis complexa:<!--with for example a low constant activity being provided by one enzyme but an inducible high activity from a second enzyme.-->