Tetraoninos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m con i
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 42:
[[Ficheiro:Bonasa-umbellus-001edit1.jpg|170px|miniatura|Unha ''Bonasa umbellus'' en Canadá.]]
 
Os tetraoninos constitúen unha parte considerable da [[biomasa]] de vertebrados no Ártico e Subártico. A súa cantidade pode caer moi abruptamente os anos que vai mal tempo ou hai unha alta poboación de predadores; as poboacións significativas de tetraoninos son a maior fonte de alimento para [[lince]]s, [[raposo]]s, [[marta]]s e [[avesdeaves de presa]]. Porén, como poñen moitos ovos, poden recuperarse rapidamente.
 
Nos últimos anos as tres especies da tundra mantiveron as súas poboacións anteriormente coñecidas. As especies de pradería e de bosque declinaron moito debido á perda de hábitat, aínda que as aves de caza máis populares como a ''[[Lagopus (lagopus) scoticus]]'' e a ''[[Bonasa umbellus]]'' se beneficiaron da boa xestión do hábitat. A maioría das especies están clasificadas nas listas da [[IUCN]] como en situación "menos preocupante" ou "case ameazadas", pero as ''[[Tympanuchus cupido]]'' e ''[[Tympanuchus pallidicinctus]]'' son consideradas "vulnerables" e a ''[[Centrocercus minimus]]'' considérase "en perigo". Algunhas subespecies, como a ''Tympanuchus cupido attwateri'' e a ''Tetrao urogallus cantabricus'' (que é a subespecie de [[pita do monte]] que vive en Galicia), e algunhas poboacións nacionais e rexionais están tamén en perigo.<ref name=Firefly/>