Diferenzas entre revisións de «Curuxa común»

sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través da aplicación móbil Edición desde aplicación iOS
 
== Descrición ==
Son aves de patas longas, cores claras, cola curta e ás longas. O corpo mide entre 33 e 35 cm de lonxitude e a envergadura das ás chega ós 85 cm. O aspecto de machos e femias é moi semellante, aínda que estas últimas son, en xeral, algo meirandes e de plumaxe máis escura. O peso vai dendedesde os 200 gramos das razas máis pequenas, comacomo a das [[illas Galápagos]], ataaté os 500 da curuxa norteamericana. O das variedades europeas varía entre os 300 gramos dos machos máis pequenos e os 400 das femias meirandes.
 
A cara característica da especie ten forma de corazón e cores moi claras, que van, dependendo das subespecies, do branco ó gris claro ou lixeiramente avermellado. A parte superior do corpo e case toda castaña dourada con manchiñas finas grises. A plumaxe da parte inferior varía entre o branco puro e o castaño claro, con debuxos e manchas diferentes en cada raza. O bico é amarelo mate e as gadoupas da cor do corno. A cor do iris ocular varía entre o castaño escuro e o negro.
Usuario anónimo