Henry Hudson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
Traducida da wiki en español
 
Furado (conversa | contribucións)
m ortografía: bahía > baía
Liña 4:
Traballando para esta compañía, partiu da illa [[Holanda|holandesa]] de Texel, na súa terceira viaxe, no ano [[1609]], con ''Half Moon'', un navío de 73 toneladas métricas, e unha tripulación composta de dezaoito ou vinte homes entre ingleses e holandeses. Novamente empezou a procura do paso en [[Nova Zembla]], intentando abrirse camiño a través do xeo, pero debido ao frío intensísimo e á extremas condicións meteorolóxicas, a tripulación empezou a inquietarse e Hudson propuxo un plan diferente. Puxeron rumbo suroeste a través de [[Nova Escocia]] e baixaron pola costa de Norteamérica, coa certeza de que os océanos [[Océano Atlántico|Atlántico]] e [[Océano Pacífico|Pacífico]] estaban separados só por un estreito istmo.
 
En setembro de [[1609]] chegou á bahíabaía de [[Nova York]], e durante os seguintes meses explorou o río Hudson, ascendendo 240 quilómetros desde a súa desembocadura ata o lugar onde actualmente se levanta a cidade de [[Albany, Nova York|Albany]]. Antes de terminar o ano, Hudson e os seus homes regresaron a Inglaterra, sendo detidos polo goberno. Hudson recibiu a orde de traballar a partir de entón só para o seu país de orixe.
 
En [[1610]], Hudson partiu no último das súas viaxes patrocinado por unha recentemente creada compañía de cabaleiros ingleses. Co seu novo navío, o ''Discovery'', lanzouse á procura do paso do Noroeste. A mediados do ano atravesara o estreito de Hudson e alcanzado a [[Baía de Hudson]], onde pasou tres meses explorando as illas e costas orientais. Na crenza de que se atopaba no Pacífico, navegou rumbo sur ata a BahíaBaía de James. En novembro o barco estaba atrapado no xeo, polo que logo de pasar un duro inverno a causa do frío e a escaseza de alimentos, a discordia xeneralizouse entre a tripulación, acabando cun [[motín]] en xuño de [[1611]]. Hudson, o seu fillo e outros sete membros da compañía foron abandonados á súa sorte nun pequeno bote e nunca máis se soubo deles. Os poucos amotinados que conseguiron sobrevivir puideron chegar a Inglaterra onde foron encarcerados.
 
[[Category:Exploradores|Hudson]]