Existencialismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Liña 9:
== Metodoloxía existencialista ==
 
O caracter íntimo e persoal da existencia humana representa un novo ámbito inaccesible tanto para os procedementos racionais dos filósofos cos seus argumentos lóxicos, como para os procedementos empíricos dos científicos. Reclámanse entón novos medios para o filosofar. Marcel sinala esta diferenza metodolóxica recorrendo á distinción entre ''reflexión primeira'' (propia dos saberes obxectivos) e ''reflexión segunda'' (propia da filosofía existencial). Esta distinción, basicamente compartida por todos os filósofos existencialistas, é a orixe dunha constante desconfianza respecto da [[Razón]] humana. Esta cosificareifica e clasifica a realidade en compartimentos estancos e fixos. Pero como a existencia humana caracterízase polo continuo cambio entón non ten un ser estático, senón que depende do que cada individuo está a facer na súa [[vida]] coas súas decisións, actividades etc. Sartre expresa isto coas célebres frases de que no ser humano “a existencia precede á esencia” e “o ser humano non é outra cousa que o que el se fai” (''[[O existencialismo é un humanismo]]''). Neste facerse a si mesmo o ser humano é totalmente [[liberdade|libre]] pois, a dicir de Sartre, non está condicionado por nada. Todo o que un é e fai responde sempre a unha decisión previa entre varias opcións posibles. De aquí deduce Sartre que non podemos delegar a [[responsabilidade]] última dos nosos actos noutras persoas nin tampouco na [[sociedade]]. Existir, polo tanto, consiste en estar constantemente decidindo e facéndose un a si mesmo, de onde resulta unha maneira de ser específica para cada un e inabarcable por conceptos universais aplicables por igual a todos os individuos.
 
Debido ó caracter único e “irracional” de cada existencia humana, os existencialistas recorren a descricións de situacións existenciais concretas e persoais, por medio de relatos [[biografía|biográficos]] ou novelados, como medio literario máis axeitado para expresar o universo emocional da existencia humana (por exemplo, Marcel e Sartre).