Diferenzas entre revisións de «Ronald Reagan»

sen resumo de edición
m (arranxiño)
{{Biografía}}
'''Ronald Wilson Reagan''', nado o [[6 de febreiro]] de [[1911]] e finado o [[5 de xuño]] de [[2004]], foi o cuadraxésimo [[Presidentes dos Estados Unidos de América|presidente dos Estados Unidos]], de [[1981]] a [[1989]], e o 33 gobernador do estado de [[California]], de [[1967]] a [[1975]]. Antes de entrar en política, foi [[actor]].
 
== Traxectoria ==
Nado en [[Illinois]], Reagan mudouse ós [[Os Ánxeles|Ánxeles]], California, en 1928, onde traballou como actor, foi presidente do ''[[Screen Actors Guild]]'' (''Sindicato de Actores de Pantalla'' ou SAG polas súas siglas en inglés) e voceiro da compañía [[multinacional]] de infraestruturas, servizos financeiros e medios de comunicación, ''[[General Electric]]'' (GE). Os seus comezos na política producíronse durante o seu traballo en GE; orixinalmente membro do [[Partido Demócrata dos Estados Unidos|Partido Demócrata]], cambiou ó [[Partido Republicano dos Estados Unidos|Partido Republicano]] en [[1962]] á idade de 51 anos. Despois de facer un entusiasta discurso en apoio á candidatura presidencial de [[1964]] de [[Barry Goldwater]], foi persuadido para acadar a gobernación de California, gañándoa dous anos despois e por segunda vez en 1970. Foi vencido na súa carreira polo nomeamento republicano presidencial en 1968 e en 1976, pero gañou tanto o nomeamento como as eleccións en [[1980]], converténdose en Presidente dos Estados Unidos de América.
 
Como presidente introduciu novas e ousadas iniciativas políticas e económicas. A súa política económica, encadrada na chamada ''[[economía da oferta]]'', fíxose famosa baixo o nome de "[[reaganomics]]", caracterizada pola desregularización do sistema financeiro e polas rebaixas substanciais de impostos postos aprobados en 1981. No seu primeiro período, sobreviviu un intento de asasinato, marcou unha liña dura contra os sindicatos e ademais ordenou accións militares na independente illa caribeña de [[Granada, Caribe|Granada]], achegada á costa de [[Venezuela]]. Foi reelixido cunha gran maioría nas eleccións de 1984. O segundo período de Reagan estivo marcado principalmente por asuntos estranxeiros, sendo os máis salientables o fin da [[Guerra Fría]], [[Operación El Dorado Canyon|o bombardeo de Libia]] e a revelación do escándalo [[Irán-Contra]]. Previamente, o presidente ordenara un masivo incremento militar para a loita estreita contra a [[Unión Soviética]] (URSS), deixando atrás a estratexia da ''[[détente]]''. Describiu públicamente á URSS como o "imperio do mal" e apoiou movementos [[anticomunismo|anticomunistas]] en todo o mundo a través da chamada [[Doutrina Reagan]]. Negociou o [[Tratado INF]] para o desarme nuclear co secretario xeral soviético [[Mikhail Gorbachev]], logrando a redución dos arsenais nucleares de ámbolos dous países.
 
Reagan deixou o cargo en 1989. En 1994, o expresidente revelou que lle diagnosticaran a [[Alzhéimer|doenza de Alzhéimer]] a comezos dese ano. [[Morte e funeral de Estado de Ronald Reagan|Faleceu dez anos despois]], á idade de noventa e tres, sendo un dos expresidentes máis lonxevos do país.
 
== Véxase tamén ==
{{Presidentes dos EUA}}
{{Persoa do ano segundo a revista Time}}
{{Curto de máis|data=marzo de 2016}}
 
{{Control de autoridades}}
229.649

edicións