Porta XI Ensino CB: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 31:
Os resultados non tardaron en chegar da man de Juan Corral como adestrador. Na temporada 1998−99, o Ensino Universidade consegue finalizar a liga regular en primeiro posto, mais finalmente perden nas semifinais polo título ante o Halcón Viajes de Salamanca. O equipo chega ás semifinais de novo nas seguintes dúas temporadas da man de xogadoras como Catarina Pollini, Concepción Delgado, Silvia Crawley, Belén García, Begoña García Piñero, Ingrida Jonkute, Isabel Sánchez, Raquel Álvarez, Regina Gómez, Arantxa Novo ou Maiga Hamchetou. Alén dos bos resultados en liga, o equipo consegue ser dúas veces finalista da [[Copa da Raíña de Baloncesto|Copa da Raíña]] (1998 e 2002).
 
Tras dez temporadas consecutivas na máxima categoría, no ano 2005 e coincidindo co vinte e cinco aniversario da súa fundación, o club pasa por unha profunda renovación que levou consigo a mudanza do nome do club, que pasou a chamarse Porta XI Ensino (en referencia ás portas da [[Muralla de Lugo]]). Con todo, na seguinte temporada, o equipo na seuinte temporada o equipo finaliza no décimo cuarto lugar da Liga, descendendo tras once anos á Liga Femenina 2. Despois de once temporadas e cinco tentativas de ascenso nos play-offs, o equipo consegue regresar á elite na temporada 2017−18. Nesta campaña, o equipo ocupaba na xornada 11 o noveno posto do Grupo A cun balance de 5 vitorias por 6 derrotas. Con todo, a chegada o club de Claudia Calvelo, Margaret Roundtree, Arantxa Novo e Brittany Miller, levan ao Ensino a gañar 15 partidos de forma consecutiva en Liga Regular, que lle outorgaban o segundo posto. Na fase de ascenso en [[Valencia]], o Ensino gaña os seus catro partidos (para un total de 19 vitorias consecutivas), conseguindo así o seu regreso á [[Liga Femenina de Baloncesto|Liga Dia]].<ref>{{cita web|url=http://www.feb.es/2018/5/2/baloncesto/duran-maquinaria-ensino-clasico-que-regresa-elite/74199.aspx|título=Durán Maquinaria Ensino, un clásico que regresa a la elite|obra=FEB.es|data=2 de maio de 2018|lingua=castelán}}</ref>
 
== Véxase tamén ==