Voo 358 de Air France: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
 
O accidente foi investigado pola Xunta de Seguridade do Transporte de Canadá (TSB), sendo o informe final publicado o [[13 de decembro]] de [[2007]]. As condicións meteorolóxicas desfavorables, e as pobres decisións na aterraxe por parte da tripulación atopáronse como os principais factores do accidente. Esta foi a primeira vez na que un [[Airbus A340]] estaba involucrado nun accidente, rematando así cun rexistro limpo de 14 anos.
 
== Avión e tripulación ==
O aparello que operaba o voo 358 era un [[Airbus A340|Airbus A340-313E]], con número de serie 289 e rexistro F-GLZQ; estaba equipado con catro motores [[CFM International CFM56]].<ref>{{Cita web|url=https://aviation-safety.net/database/record.php?id=20050802-0|apelidos=Ranter|nome=Harro|páxina-web=aviation-safety.net|título=ASN Aircraft accident Airbus A340-313X F-GLZQ Toronto-Pearson International Airport, ON (YYZ)|data-acceso=2019-01-01}}</ref> O avión realizara o seu primeiro voo o [[3 de agosto]] de [[1999]], e fora entregado a [[Air France]] o [[7 de setembro]] dese ano. Realizara 3 711 voos acumulando un total de 28 426 horas. A súa derradeira revisión de mantemento realizárase o [[5 de xullo]] de [[2005]].
 
Había 12 tripulantes a bordo do aparello. O piloto do avión era o capitán Alain Rosaye, de 57 anos, un piloto experimentado con 15 411 horas de voo. O copiloto era Frédéric Naud, de 43 anos, con 4 834 horas de voo.
 
== Notas ==