Diferenzas entre revisións de «Riccardo Giacconi»

→‎Traxectoria: aumento dende it:
(→‎Traxectoria: comezos, dende it:)
(→‎Traxectoria: aumento dende it:)
== Traxectoria ==
Estuda [[Física]] na [[Universidade de Milán]] con [[Giuseppe Occhialini]], especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no [[1956]] emigra ós [[Estados Unidos de América]]. No [[1958]] comeza a colaborar coa [[Universidade de Princeton]], e logo, [[Bruno Rossi]] introdúceo na AS&E (''American Science and Engineering'')<ref name="Riccardo Giacconi">[http://diamante.uniroma3.it/hipparcos/giacconi.htm Riccardo Giacconi] {{webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080204044559/http://diamante.uniroma3.it/hipparcos/giacconi.htm |data=4 de febreiro de 2008 }}</ref> cun programa para o desenvolvemento da investigación en [[raios X]] cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo.
 
No [[1962]] descobre [[Scorpius X-1]], primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X<ref name="Riccardo Giacconi"/>. No [[1970]] ocúpase do lanzamento do satélite [[Uhuru]], co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas [[Cygnus X-1]]<ref name="Riccardo Giacconi"/> e [[Vela X-1]].
 
No [[1973]], pasa a ser director do [[Harvard Smithsonian Center for Astrophysics]], impulsando o proxecto HEAO-2 dun telescopio de raios X en órbita, que máis adiante foi unha realidade, bautizado como [[Observatorio Einstein]].
 
Máis adiante, ten recuperado o cargo de profesor de física e astronomía ([[1982]]-[[1997]]) e de investigador (a partir do [[1998]]) na [[Universidade Johns Hopkins]].
 
Do [[1993]] ó [[1999]] é Director xeral do [[European Southern Observatory]] (ESO).
 
Recibiu o [[Nobel de Física]] de [[2002]], por contribucións á [[astrofísica]] que levaron ao descubrimento dos [[raios X]] cósmicos.
14.765

edicións