Canle iónica regulada por voltaxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
== Mecanismo ==
 
Estudos estruturais [[cristalografía de raios X|cristalográficos]] dunha [[canle de potasio]] mostraron que, cando se introduce unha [[diferencia de potencial]] na membrana, o [[campo eléctrico]] asociado induce un cambio conformacional na canle de potasio. O cambio conformacional distorsiona a forma das proteínas da canle o suficiente para que a cavidade, ou canle, se abra para permitir o influxo ou efluxo a través da membrana. Este movemento de ións a favor das gradientes de concentración xera segidamenteseguidamente unha corrente eléctrica suficiente para despolarizar a membrana celular.
 
As [[canle de sodio|canles de sodio]] e de [[canle de calcio reglada por voltaxe|calcio]] reguladas por voltaxe están constituídas por un só polipéptido con catro dominios homólogos. Cada dominio contén 6 hélices alfa que abranguen a membrana. Unha destas hélices, a S4, é a hélice sensible á voltaxe.<ref name="pmid20869590">{{cite journal | vauthors = Catterall WA | title = Ion channel voltage sensors: structure, function, and pathophysiology | journal = Neuron | volume = 67 | issue = 6 | pages = 915–28 | year = 2010 | pmid = 20869590 | pmc = 2950829 | doi = 10.1016/j.neuron.2010.08.021 }}</ref> O segmento S4 contén moitas cargas positivas, polo que unha carga positiva alta fóra da célula repele a hélice, mantendo a canle no seu estado pechado.