Transdución de sinais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
 
==== Canles iónicas reguladas por ligando ====
Unha canle iónica regulada por ligando, despois de unirse ao seu ligando, cambia de conformación e abre unha [[canle iónica|canle]] na membrana da célula por medio do cal poden pasar os ión que funcionan como sinais. Un exemplo deste mecanismo encóntrase nas células receptoras das [[sinapse]]s entre [[neurona]]s. O fluxo de ións que se produce cando se abren estas canles induce a creación de [[potencial de acción|potenciais de acción]], como os que viaxan a través dos [[nervio]]s, ao despolarizar a membrana das células postsinápticas, o que orixinará a apertura das [[canle iónica regulada por voltaxe|canles reguladosreguladas por voltaxe]].
 
Un exemplo de ión que entra na célula cando se abren as canles iónicos regulados por ligando é o Ca<sup>2+</sup>; este ión actúa como [[segundo mensaxeiro]] iniciando cascadas de transdución de sinais e alterando a fisioloxía da célula que efectúa a resposta. Isto amplifica a resposta sináptica ao remodelar as [[espiña dendrítica|espiñas dendríticas]] implicadas na sinapse.