Ácido glutámico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 117:
A excitotoxicidade debida ao glutamato sucede como unha parte da [[cascada isquémica]] e está asociada co [[accidente cerebrovascular|ictus cerebral]]<ref name=twsNovK11/> e doenzas como a [[esclerose amiotrófica lateral]], [[latirismo]], [[autismo]], algunhas formas de retardo mental, e a [[enfermidade de Alzheimer]].<ref name=twsNovK11/><ref>{{Cita publicación periódica |author=Hynd MR, Scott HL, Dodd PR. |title=Glutamate-mediated excitotoxicity and neurodegeneration in Alzheimer's disease. |journal=Neurochem Int. |volume=45 |issue=5 |pages=583–95 |year=2004 |pmid=15234100 |doi= 10.1016/j.neuint.2004.03.007|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/15234100}}</ref>
 
O ácido glutámico parece estar implicado nos ataques convulsivos [[epilepsia|epilépticos]]. A microinxección de ácido glutámico nas neuronas produce a [[despolarización]] espontánea cun patrón de envío de impulsos similar ao que nos ataques epilépticos se coñece como [[cambio de despolarización paroxísmico]]. Este cambio no potencial de membrana de repouso nas zonas afectadas polos ataques podería causar a apertura espontánea das [[canles de calcio de aperturareguladas por voltaxe]], o que levaría á liberación do ácido glutámico e a unha adicional despolarización.
 
Entre as técnicas experimentais para detectar glutamato nas células intactas está o uso dun [[nanosensor]] fabricado por [[enxeñaría xenética]].<ref>{{Cita publicación periódica | author=Okumoto, S., ''et al.'' | title=Detection of glutamate release from neurons by genetically encoded surface-displayed FRET nanosensors | journal=Proceedings of the National Academy of Sciences U.S.A | volume=102 | issue=24 | year=2005 | pages=8740–8745 | pmid=15939876 | doi = 10.1073/pnas.0503274102 | pmc = 1143584}}</ref> Este sensor é unha fusión dunha proteína de unión ao glutamato e dúas proteínas fluorescentes. Cando se une o glutamato, a fluorescencia do sensor con [[luz ultravioleta]] cambia por resonancia entre os dous fluoróforos. A introdución do nanosensor nas células permite a detección óptica da concentración de glutamato. Tamén se describiron análogos sintéticos do ácido glutámico que poden ser activados por luz [[ultravioleta]] e [[microscopía de excitación de dous fotóns]] (unha técnica que usa fluorescencia).<ref>{{Cita publicación periódica | author=Ellis-Davies, G.C.R., ''et al.'' | title=4-Carboxymethoxy-5,7-dinitroindolinyl-Glu: an improved caged glutamate for expeditious ultra-violet and 2-photon photolysis in brain slices | journal=Journal of Neuroscience | volume=27 | year=2007 | issue=June | pages=6601–6604 | pmid=17581946 | doi=10.1523/JNEUROSCI.1519-07.2007}}</ref> Este método é útil para mapear as conexións entre neuronas, e comprender mellor a función sináptica.