Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*subministro > subministración.
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 59:
== Funcións ==
 
O AMPc é un [[segundo mensaxeiro]], empregado nas rutas de [[transdución de sinais]] nas [[célula]]s como resposta a un estímulo externo ou interno, como pode ser unha [[hormona]] como o glicagón ou a adrenalina, que non penetra na célula e se une a un receptor de membrana. Adoita estar relacionado coa activación de diversas [[proteína quinase]]s. Regula o paso de Ca<sub>2+</sub> polas [[canle iónica|canles iónicosiónicas]] da membrana.
En bacterias, é un regulador catabólico que controla a expresión de xenes regulados por un [[operón]] relacionados coa degradación de azucres en función da concentración de [[glicosa]].
Liña 67:
Nos humanos, o AMPc funciona activando a [[proteína quinase A]] ou PKA, tamén coñecida como proteína quinase dependiente do AMPc. No seu estado de holoencima [[tetrámero|tetramérica]] normalmente é inactiva, e consta de dúas unidades catalizadoras e dúas reguladoras (C<sub>2</sub>R<sub>2</sub>) coas unidades reguladoras bloqueando os centros catalizadores das unidades catalizadoras. O AMPc únese a sitios específicos nas unidades reguladoras da proteína quinase, o que causa a disociación das subunidades reguladoras e catalizadoras, e isto activa as unidades catalizadoras e permítelles que fosforilen as proteínas que son os seus [[substrato encimático|substratos]].
 
As subunidades activas catalizan a transferencia do fosfato desde o ATP a residuos específicos de [[serina]] das proteínas que son os seus substratos. As proteínas unha vez fosforiladas poden actuar directamente nas [[canle iónica|canles iónicas]] das células, ou poden converterse en encimas que foron activados ou inhibidos. A proteína quinase A pode tamén fosforilar proteínas específicas que despois se unen ás rexións [[promotor (xenética)|promotoras]] do ADN, causando o aumento da expresión de determinados [[xene]]s.
Non todas as proteínas quinases responden ao AMPc: moitos tipos de proteína quinase non son dependentes do AMPc, por exemplo a [[proteína quinase C]].
Liña 90:
 
=== Papel do AMPc en desordes do córtex prefrontal ===
Algunhas investigacións recentes suxiren que o AMPc afecta ás funcións superiores do pensamento no [[córtex prefrontal]] por medio da regulación da apertura de [[canle iónica|canles iónicas]].<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2007/04/070420143324.htm ScienceDaily ::Brain Networks Strengthened By Closing Ion Channels, Research Could Lead To ADHD Treatment ]</ref>
 
== Véxase tamén ==